Décimo quinto fragmento do diario de Senlúa Arraiana:

Décimo quinto fragmento do diario de Senlúa Arraiana

AREVALÉFICA

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós
(Este décimo quinto fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana).

Chámome Senlúa é son punta de lanza da resistencia arraiana. Espertei cedo, apenas raiaba o día, erguinme desperezada polo acicate de coñecer o xardín da cidadela. Adentreime nel vagando errante sen deliberada volición e como barrida por unha azarosa brisa rematei no seu epicentro formado por estanque circular coroado por unha fonte. Estática deixei que os meus sentidos me embotaran de sensacións, a vida exultante que me rodeaba reberveraba dentro de min. Cantas veces imaxinei o antigo mundo verde de vida, cantas veces soñeime nos montes de Tameiga. Uns montes que nunca coñecín pero que reconstruí oniricamente grazas aos recordos prestados da miña nai e aos retazos de melancolía chorados pola miña avoa. Ese mundo desapareceu para sempre pero este pequeno verxel pode ser o xermolo de miriadas de plantas sobre as que dar vida a un novo mundo. Un matraz cheo de resilencia vital contra o xermo planeta herdado.

Décimo quinto fragmento do diario de Senlúa Arraiana

A fragancia das follas, o tacto da herba húmeda entre os dedos, a cromática vistosidade das flores, e completando a bucólica escena o son do borboteo da auga da fonte e … un zumbido? De onde procede?  Un pequeno animal voador? Perseguín a aquel diminuto paxaro no seu errático voo sen dirección fixa ou quizás zafándose de min. Levaba uns minutos axexando ao paxariño cando atopeime con Prusiana retozando na herba e sorrindo ante Gataparda quen xiraba coma un derviche desbocado facendo gala da súa condición ximnástica. Quedeime tan ahíta coa escena que tiveron que ser elas as que decantándose da miña presenza saudasen primeiro. Ambas as dúas baixarán por separado a buscarme e coincidiron no xardín. Pregunteille que facían, ansiosa por integrarme no seu círculo de ledicia. – Escoitamos a herba medrar -, o rubor da vergoña arrebolou con tanta forza no meu rostro que por uns incandescentes segundos temín pola integridade daquel templo á vida. Cando o abafo amainou, deixándome recuperar a fala, suxerinlle a Prusiana a necesidade de protexer o paradiso no que nos atopabamos. Coma sempre a miña dilixente amiga xa dera as ordes pertinentes para a custodia do lugar e acordado co botánico para que continuara xogando a deus coa súa creación, sumándolle a encomenda de ir almacenando sementes das distintas especies para irisar de vida a xerma franxa. – Teño algo máis que amosaros- Fomos dando un paseo ata o mercado central que se atopaba non moi lonxe da cidadela. Aínda despuntaba o día pero o mercado xa fervía de actividade. Rodeamos a fachada principal do edificio e no lateral quedamos abraiadas contemplando a obra de enxeneiría, un paternóster de ferro e madeira que acarrexaba funxibles distribuíndoos polos catro andares do mercado. Incluso era utilizado por máis de un chamarileiro temerario demasiado preguizoso para acometer as escadas interiores Por suposto, Prusiana xa mandara chamar a artífice para integrala no seu equipo, pronto os planos desta maquinaria estarían en Petra. Nin me molestei en verbalizar a suxestión. Despois de de quedarnos un rato “ojipláticas” vendo como as rechamantes engranaxes e poleas daban vida ao inquedo elevador achegueime aos tenderetes de froita da entrada principal do mercado para subsistir a disciplina dun frugal almorzo das miñas compañeiras. No frontispicio da fachada rezaba un aforismo – “A mesma humanidade que pondera e esixe entre os vivos a obediencia ás súas arbitrarias leis como virtude suprema, acolle no seu eterno panteón precisamente a aqueles que se opuxeron a esa esixencia e que prefiren morrer antes que ser infieis ás súas propias ideas” – que inexplicablemente escapara das garras da censura e o terror da Colmea non fixera mella nel. 

As miñas divagacións foron interrompidas por Prusiana meténdonos presa para volver á cidadela. Reunión ao máximo nivel para avaliar a información sonsacada sobre a situación na capital da Colmea. 

Tras o desastre planetario os sobrevivintes anhelaban unha sociedade en paz coa natureza e consigo mesma. Sabían que a desigualdade impedía que os individuos portasen esa paz interior tan necesaria para acadar a harmonía social. Unha lección aprendida con sangue e fogo. Soñaron d

espertos construíndo esa telúrica comunidade pero o atavismo cobizoso tornou o sono nun pesadelo arrepiante. Cando a terra se estabilizou o centros de mando asiático da Tripla Alianza perdurou converténdose nunha casta dominante que xustificaba a súa xerarquía polo situación de excepción. Mantendo o privilexio de xestionar víveres e armas só era cuestión de tempo que resucitaran os monstruos máis escuros do pasado. 

A estirpe patricia afianzou o seu poder nunha miasma ideolóxica na que as concentradiccións se laminaban coa represión. As medidas coercitivas para conter a disidencia se estenderon a toda a poboación intentando eliminar calquera pensamento crítico. A situación dexenerou rapidamente nun estado de terror xeneralizado do que o último lustro no que se alzou a despótica Arevaléfica é o máximo expoñente. A tiranía adentrouse en territorios nunca explorados baixo o mandato  desta despiadada ditadora. Afable e sorrinte era a súa aparencia pública pero o seu branco sorriso era a antesala da boca do lobo. O seu corazón de brea latexaba cobiza e ambición que debía ser satisfeita sen restricións éticas ou morais. Desde o seu ascenso a decadencia moral foi un tobogán sen fin. A capital da Colmea era unha cidade silente ante o pánico da poboación a ser vítimas da delación polo aceno máis nimio e rematar cos seus restos decorando a praza maior colgando dunha farola. Todas as disputas intestinas polo poder foron soterradas con atroces purgas indiscriminadas. Cando algún comandante alcanzaba algo de notoriedade era defenestrado xunto con todos os seus lugartenentes. Ninguén sabía como Arevaléfica empuñará o látego aparecendo da nada e ninguén sabía como rematar co seu reinado de terror. Nin siquera se atrevían a conspirar con si mesmos. A aniquilación da maioría dos mandos do seu exército mermou a súa capacidade bélica. Só era suficiente con derroer a torre de marfil de Arevaléfica para a Colmea se desintegrara e a tirana fora pasto do rancor do seus vasallos. 

Aínda agora arrepíame o suceso que nos contaron os xenerais prisioneiros. Despois de cada gran purga Arevaléfica ía de barrio en barrio falando cos veciños para convencelos de que a culpa das masacres era do chivo expiatorio de turno. A súa escolta transportaba un banco onde a punta de baioneta os veciños eran sacados das súas casas e obrigados a sentarse no banco a falar con ela. Un cándido raparigo soltouse da man dos seus avós e achegouse atraído polo sorriso de Arevaléfica. Díxolle que el tamén quería un banco coma ese para súa casa. A súa inxenuidade foi taxada como descarada insolencia. Ao día seguinte a escolta chamou a porta da casa do raparigo, non sen antes deixar no umbral o banco de Arevaléfica adornado coas cabezas dos avós.

Primer comentario

Deixa a túa opinión