Reabre o punto limpo de Ponteareas de luns a sábado en horario de mañá

Concello de Ponteareas A Nova Peneira

Ponteareas, 15 de maio de 2020

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, informa sobre a reapertura do Punto Limpo local situado na Ctra. Guláns, s/n Km. 1,5. Informa ademais das vantaxes que ten a utilización destas instalacións, xa que nos permite depositar nun lugar seguro diferentes tipos de residuos, como restos de poda, residuos tóxicos e voluminosos, escombros, enseres, etc. 

Atendendo á situación de emerxencia que estamos a vivir, a reapertura do punto limpo farase respectando todas as condicións de hixiene e seguridade necesarias fronte ao COVID-19. 

Así: 

-O punto limpo abrirá na quenda da mañá de luns a venres de 8:30 a 13:45 e sábados de 10:00 a 13:00.

-O portal de acceso ao punto limpo estará regulado de xeito que o operario do punto limpo regule as entradas e saídas dos usuarios para garantir o aforo nas instalacións.

-O aforo máximo será de 2 usuarios e nunca poderán coincidir descargando residuos nun meso punto, cada usuario poderá levar un acompañante.

-É obrigatorio unha distancia social mínima de 2 metros.

-Recoméndase o uso de luvas e máscara.  Dispoñerase de xel hidroalcohólico a disposición dos usuarios.

-En todo momento os usuarios seguirán as indicacións do operario do punto limpo.

-Haberá  un cartel indicativo con estas normas ó pe da zona de espera (zona de acceso) ó punto limpo para que os usuarios poidan ir lendo estas normas.

Ademais, Rosa Covelo pide a colaboración cidadá no coidado do noso concello, depositando cada residuo no colector que lle corresponde. 

Primer comentario

Deixa a túa opinión