Enrique Santiago deputado de Unidas Podemos e vicepresidente da comisión económica e social para a reconstrucción

Enrique Santiago A Nova Peneira

Recentemente coñecemos a triste noticia da morte do líder histórico de Esquerda Unida, Julio Anguita, unha figura recoñecida, por case todos, pola súa honestidade e lucidez. Enrique Santiago é SXdo PCE, e deputado de Esquerda Unida-Unidas Podemos no parlamento do estado e eu que non fun nunca de comparar nin de competir, case me atrevo a dicir que a lucidez e a valentía de Enrique están á altura das do antigo alcalde de Córdoba. Enrique é o vicepresidente da comisión que se creou no congreso, atendendo unha petición do PP, para tratar de conseguir as medidas máis adecuadas para a reconstrución económica e social do estado, para nós foi un pracer conversar con el

A DEREITA ESPAÑOLA É INCAPAZ DE PENSAR NO INTERESE XERAL.É UNHA DEREITA ELITISTA QUE NON ESTÁ DISPOSTA A PERDER NINGÚN PRIVILEXIO”

Como che vai a vida Enrique?

Como supoño que che refires á vida política, pois o sentimento que prima é a preocupación por toda a problemática derivada desta crise sanitaria sen precedentes na recente historia da humanidade, e que non descartemos nos toque coñecer máis veces neste mundo globalizado e con continuas agresións que sofre o medio ambiente.

Cales van ser as funcións concretas que vai desenvolver esta comisión?

Ben, eu creo que antes fai falta contextualizar que esta comisión é a aceptación por parte da maioría parlamentaria que sustenta ao goberno dunha proposta da minoría, xa que o PP o que propón é que o debate para a reconstrución quede limitado a unha comisión, que non sexa unha mesa de forzas políticas e sociais como formulara o goberno de coalición. En aras do consenso, as forzas do goberno de coalición, aceptamos a proposta da minoría do PP

Ben, e o voso traballo cal vai ser?

Ten catro eixos: -O sistema nacional de saúde pública-A política económica, que debe abordar como o estado recupera a súa soberanía industrial e produtiva-As políticas sociais de coidados e fiscalidade. É evidente que o escudo social que tirou este goberno é o que marcou a diferenza entre a forma de abordar esta crise e a do 2.008-E o último é a UE, pois está a se evidenciar que a UE non se caracteriza pola súa capacidade de responder rapidamente ante unha emerxencia, nin pola súa vontade de exercer unha axuda solidaria

Unha comisión de 46 membros parece excesivamente grande. Non consideras a posibilidade de que se converta nun instrumento de difícil xestión e en consecuencia pouco operativo?

Non. Ten un funcionamento descentralizado, articulado en catro grupos de traballo, que son responsables de cada unha das catro áreas que antes mencionei. Cada un deses grupos terá que organizar unhas conclusións que terá que aprobar o pleno da comisión. Tanto en Unidas Podemos como as organizacións que forman parte deste espazo político como Esquerda Unida, e taménno PCE, temos moito interese en sacar este proceso do congreso e levalo ás rúas, para que a voz da maioría social de España sexa escoitada

Que orientación temporal prevedes darlle á comisión ata emitir algún tipo de conclusión?

Tentaremos ser rápidos, porque non podemos estar toda a lexislatura discutindo sobre como reconstruír España. O ritmo que nos marcamos é de ao redor de dous meses, para facelo coincidir co fin do actual período de sesións. A nosa planificación é finalizar como moito na terceira semana de xullo. Tamén quero dicir que detectamos intentos das forzas da dereita para impedir que a comisión consiga conclusións, dilatando os nosos traballos e facendo perder tempo con cuestións que non teñen ningunha importancia

Xa, e de feito o PP presentou unha candidatura alternativa á presidencia de PatxiLópez, iso non vos fai temer que a súa actitude sexa semellante á oposición que desenvolve no parlamento?

E non soamente iso, hai outros exemplos por exemplo que chegaran a propoñer ata cen comparecencias no plenario, algo que loxicamente non puido ser aprobado


Vox, aínda que está na comisión negouse a votar na elección de candidaturas. C,Se o nacionalismo votaron en branco. A vontade de participar non parece moi sólida?

Ben, creo que neste momento a dereita ten un plan evidente de desestabilización nas rúas, seguindo un modelo que xa se practicou noutras partes do mundo: no Chile de Allende, en Bolivia fai moi pouco tempo ata perpetrar un golpe de estado, en Venezuela, en Ecuador..e agora estase facendo claramente no noso país, saltándose todas as precaucións sanitarias. A dereita española é incapaz e pensar no interese xeral. É unha dereita elitista que non está disposta a perder ningún privilexio.

Ides incluír un punto de análise dobre o estado das liberdades públicas como pedía o PP, e observas algún perigo de regresión nese aspecto?

Imos ver , nós pensamos que hai aspectos do estado de alarma que se podían xestionar mellor

a que che refires?

En concreto á aplicación da lei de seguridade cidadá. De feito na comparecencia do ministro do interior no parlamento, eu mesmo formuleille o desacordo do grupo de Unidas Podemos coa utilización desa lei para controlar o confinamento, pois hai leis sanitarias específicas, mesmo con réxime sancionador no caso de incumprimento, que nós entendemos máis adecuadas para enfrontar esta situación. Ollo que non só é un criterio de Unidas Podemos, senón tamén o é do defensor do pobo ou de distintas seccións territoriais da avogacía do estado. Insisto, nós estamos en desacordo coa aplicación da lei de seguridade cidadá para controlar o confinamento pero de aí a dicir que en España os dereitos fundamentais están limitados hai un universo de distancia, é que parece unha broma vaia O que sucede é que hai unha utilización perversa da dereita desta situación para tratar de crear un estado de opinión favorable a crer que este goberno está en contra das liberdades públicas

A cantidade de sancións impostas, Enrique, é estratosférica, centenares de milleiros., En España, temos unhas forzas de seguridade marabillosas pero hai centos de miles de insolidarios, egoístas e irresponsables?

En xeral todo o mundo coincide en que o comportamento da poboación española está a ser exemplar. Creo que ata o momento impuxéronse 700.000 denuncias, pero iso non significa que se vaia a sancionar a ese número de persoas, xa que hai moitos casos de reincidencias. É triste, pero é real, hai un segmento de persoas que desatende sistematicamente a gravidade da situación epidémica, non se preocupan do colectivo e infrinxen as normas. E nese tipo de casos, nós consideramos adecuado sancionar, claro que si. Tamén hai que dicir, que todos vimos en redes sociais vídeos de excesos policiais, de distintos corpos policiais, e aínda que estamos seguros de que en liñas xerais, os funcionarios policiais, comportáronse de maneira exemplar, e os excesos que puidese haber, son a excepción, pero non se poden permitir, claro que non.

Á hora de tratar unha protesta, a policía compórtase igual se os que protestan son veciños do Barrio de Salamanca, que se son veciños de Vallecas?

Nós manifestamos en diversas ocasións que esa especie de policía política de carácter ultradereitista que organizou o PP durante o goberno de Rajoy, excepto os seus máximos responsables, non foi suficientemente desmantelada . A depuración de aparellos policiais políticos como o que monto o Ministro Fernández Diaz é importante en calquera pais, pero moito máis nun país como noso que vén de onde vén. A modo de exemplo , hai aínda cento trinta e pico medallas a policías impostas no franquismo por labor de represión política. Temos unha democracia imperfecta na que non todas as institucións son elixidas polos cidadáns, o caso máis significativo é o poder xudicial, pero hai moitos espazos institucionais na nosa democracia aínda non suficientemente democratizados.

Ten o goberno de España algunha intención de limitar o ámbito competencial das comunidades autónomas?

En absoluto, desde logo que non. Dicir que o goberno non respectou as competencias das comunidades autónomas é simplemente cínico. O caso da comunidade de Madrid, é significativo. Cando algo o xestionan ben rapidamente fan propaganda e encárganse de resaltar que eles son os responsables desa xestión, pero cando o xestionan de forma caótica, miran para outro lado e botan a culpa a administración do estado. O peche do Ifema, facendo case, case un botellón como o valoras? O da Comunidade de Madrid, é un auténtico desastre. Madrid é a “zona cero” da epidemia en España, e xa veremos cando isto finalice se non é tamén una das zonas cero de toda Europa. Os que vivimos nesta comunidade temos que sufrir acotío a súa improvisación, as instrucións contraditorias, e o constante ataque a outras institucións do Estado por parte da SraAyusoun día si e outro tamén, para tapar a súa incapacidade de xestionar nada

Que opinas da posible celebración das eleccións autonómicas en Galicia e no Pais Vasco?

Eu creo que require un altísimo consenso de todas as forzas que teñen representación parlamentaria. O que sería unha irresponsabilidade é que a decisión se tomase unilateralmente e sen considerar as análises dos expertos sanitarios

Primer comentario

Deixa a túa opinión