O Xuvenil do Choco ascende a división de honra

Choco Xuvenil división de honra
Hugo Álvarez, Alberto Suárez, Pablo Couñago e Manolo Conde
É o momento! construírmos o futuro Galicia en común Podemos

Moi preto das 7 décadas de vida, o xuvenil do Choco acadou o inmenso éxito deportivo de ascender á máxima categoría. Na próxima temporada, equipos de tanta historia e relevancia deportiva como o Depor, o Celta, o Sporting de Gijón, ou o Racing de Santander visitarán a nosa vila. A Nova Peneira conversou co seu adestrador, o lucense Alberto Suárez. Aínda que non podiamos deixar pasar a oportunidade , de que a primeira pregunta da nosa charla fose para o delegado do equipo, o incombustible Manolo Conde, se cadra unha das figuras máis relevantes de toda a historia do fútbol de Redondela.

Manolo Que Supón para ti, que despois de case 70 anos de historia, un equipo do Choco estea na división de honra?

Para min foi cumprir un sono. É unha grande nova para Redondela, e agardo que repercuta no comercio local, algo que me faría sentir enormemente orgulloso

ALBERTO SUÁREZ ADESTRADOR DO CHOCO

NA DIVISIÓN DE HONRA, O CHOCO VAI DAR GUERRA EN TODOS E CADA UN DOS CAMPOS”

Como, o levas o confinamento Alberto?

Estouno levando ben, con plena conciencia de que cumprir con responsabilidade e civismo as instrucións sanitarias é algo imprescindible para acabar canto antes con esta situación.

Como un mozo de Lugo, chega ao Choco?

Eu procedo da canteira do Lugo. Estiven preto de chegar ao primeiro equipo, pero coincidiu co ascenso a segunda división e non foi posible. Entón vime para Vigo a estudar enxeñería, alí, adestrando co Valadares, coincidín con Marcos Montes .Cando el colleu o Choco chamoume 

Non puidestes celebrar o éxito deportivo como se merece?

Non, claro. Non o celebramos nin coa metade da intensidade que o fariamos nunha situación de normalidade. Estamos á espera de poder xuntarnos para facermos unha cea e celebrármolo en condicións

A confirmación do ascenso foi un pouco estraña, non?

Si. Eu enmárcoa no contexto xeral de incerteza que estamos a vivir. Un venres nos din que estamos ascendidos, e un luns sacan unha circular na que suxiren que en categoría xuvenil, non hai nin ascensos nin descensos. E claro, despois da inmensa alegría, levamos un pao considerable. Afortunadamente esa circular estaba errada na súa redacción, e o xoves desa semana, ratificáronnos o ascenso.

Sabes que estás nun equipo que ten unha relevancia extraordinaria no que se refire ao traballo coa canteira. Xogadores de elite como Pablo Couñago ou Iago Bouzón, veñen de aquí?

Si, seino

Fainos unha valoración global da temporada?

O equipo foi feito practicamente de 0, xa que moitos xogadores pasaran a categoría superior. E o seu resultado era , a verdade, unha incógnita. Si que é certo, que na pretemporada chamárame moitísimo a atención en positivo como estabamos adestrando os rapaces .O comezo da liga foi de fábula, na xornada 7 levabamos 6 vitorias e 1 empate .No mes de novembro tivemos unha fochanca de resultados. En decembro saímos dos postos de ascenso. E en xaneiro volvemos a retomar. Cando foi o parón, se non me equivoco, levabamos 6 vitorias en 7 partidos

Caramba, estabades lanzados?

A verdade é que si. E, non era só que gañaramos, senón tamén que as sensacións de xogo eran realmente boas

Adestrar a adolescentes non resulta complicado?

Vamos ver, a adolescencia é unha idade difícil que todos pasamos, e cómpre saber comprendela e respectala, pero sen esquecer marcar moi ben , á súa vez, as normas de comportamento. O fútbol importa, pero o respecto polo grupo importa máis. Teño que dicir tamén, que os nosos rapaces son absolutamente encantadores.

O equipo técnico é de luxo, Pablo Couñago, Hugo Álvarez ,Manolo Conde(delegado) e ti mesmo?

Moi ben descrito. Un auténtico luxo tanto profesional como humano, non só son os meus compañeiros, para min son os meus amigos

Non tedes medo de que aos rapaces se lles soba o éxito á cabeza ?

Haberá que xestionalo con intelixencia, claro. A verdade ao equipo cámbialle a vida moitísimo. É ilusionante para todos, e danos unha oportunidade de crecemento enorme.

Que sentimento percibes na afección?

De inmensa satisfacción. Eu creo que vai ser un ano moi bonito. Agardo que a situación sanitaria se normalice o antes posible e que poidamos ver os campos con xente pronto, porque o ano pode ser precioso.

Estades traballando na planificación da temporada?

Estamos perfilándoa, porque si que é certo que habería que incorporar xogadores. De feito aínda non está confirmada a nosa continuidade como corpo técnico

Home, despois de ter ascendido, sería estraño que non seguísedes?

A disposición, tanto do equipo como a nosa é moi boa e supoño que non haberá problema

O obxectivo para a nova temporada, cal é ?

A permanencia. Sería un éxito rotundo, pois é unha categoría moi complicada na que nunca competimos. Agoar ben, estou seguro de que o Choco vai competir e dar guerra en todos os campos

E no primeiro equipo, é unha mágoa quedastes a 4 puntos de xogar a fase de ascenso?

Si, a verdade que é unha pena. Ademais esta fase penso que ía estra máis igualada que nunca

Primer comentario

Deixa a túa opinión