O 19 de xuño estrea mundial de “ María Soliña en Redondela”

María Soliña Concello de Redondela Concello de Cangas
É o momento! construírmos o futuro Galicia en común Podemos
Marcos Santos

O próximo 19 de Xuño, na vila de Redondela vaise estrear a película MARÍA SOLIÑA. Rodada entre esta vila e Cangas, proxectarase por vez primeira en Redondela, e ao día seguinte na localidade do Morrazo. Nós falamos co seu director

IGNACIO VILLAR

O DESCUBRIMENTO DA COCA FOI MOI IMPORTANTE PARA QUE O ESTREO DE MARÍA SOLIÑA SEXA EN REDONDELA”

Como vai ese confinamento?

Lévoo ben. Eu cando rodo sempre estou fóra, pero aproximadamente nove meses ao ano, traballo na casa preparando os proxectos, polo que estou facendo o habitual, vaia. Eu vivo en Vigo, preto do Castro, e agora que se pode , gústame pasear por aí.

A natureza é moi importante no teu traballo, verdade?

A verdade é que si. Eu nacín nunha pequena aldea da comarca de Valdeorras, e supoño que iso influíu. Eu creo que a grande cantidade de mulleres sabias que tiña como veciñas foi un dos factores que me impulsaron a facer cinema.

E logo?

O cine que fago agroma desa natureza e da nosa lareira. Lembro que cando eu era neno xuntábanse as veciñas e veciños alí a contar historias, que en realidade eran a tradición oral de séculos. E ,eu tiven claro que o cine tiña que contar historias.

Cando decides que te queres dedicar ao cine?

Eu creo que xa foi desde esa Lareira. Cando era adolescente fun estudar a Barcelona, e na universidade montamos unha escola de cinema. Conseguimos cartos, e con financiamento sempre é máis fácil. Montamos un servizo que consistía en levar cine a todos os barrios e aldeas de Catalunya. Rematei na universidade e xa comecei a traballar en cine.

E por que en Barcelona?

Para aprender o oficio, aquí non había posibilidades, pero xa tiña a intención de volver a Galicia e contar historias aquí. Despois de gañar un premio polo guión de OLLO BIROLLO, decidín retornar a Galicia, e ao final xa fixen 7 longametraxes.

Cando volves a Galicia xa montas a produtora Via Láctea?

Non, tiven outras dúas antes .Via Láctea monteina no ano 92.

Tamén fas documentais?

Si, é un xénero que me gusta moito, pero desde que me metín na ficción xa non os fago, porque a ficción engancha como o fai a droga dura.

Pradolongo foi un éxito enorme , verdade?

A verdade é que si, xa vai, na TVG polo medio millón de espectadores.

Alí, foi cando mudastes a forma de promoción?

Si, decidimos non estreala ao mesmo tempo nas cidades galegas, senón estreala cada semana nunha cidade diferente. E unha semana antes do estreo coa actriz e os actores protagonistas iamos polos institutos da comarca a promocionar o film.

E que tal a atención dos alumnos?

Espectacular, quedamos moi satisfeitos. A promoción da película comezou en Valdeorras, e a primeira fin de semana metemos 6000 espectadores.

E coa Esmorga?

Alí foi outro concepto de promoción .Increiblemente o banco deunos un préstamo e puidemos empapelar toda Galicia, cos seus carteis. A película enganchou moito tamén.

O Mestre Mateo resísteche, creo que fuches nomeado seis veces, non?

Despois da Esmorga decidín quitarme do Mestre Mateo e non presento ningunha película. Non me interesa ese premio, penso que os criterios que determinan os galardóns non son profesionais, senón doutro tipo.

A estrea mundial de MARÍA SOLIÑA vai ser na vila de Redondela?

Si, rodamos en Redondela e en Cangas e podería ter sido en calquera das dúas vilas. Eu sempre estreo onde rodo, e nesta película tanto Redondela, como Cangas son fundamentais. O descubrimento da Coca foi capital para que o estreo fose en Redondela, supón a fusión entre un dragón e unha muller que loitou para ser libre.

Por que María Soliña?

Eu tiña claro desde hai moito tempo que quería contar a súa historia, a dunha muller que é pouco coñecida.

E non tiveches problemas para topar fontes documentais?

Eu preguntei en Vigo a moita xente se a coñecía, e case ninguén era coñecedor da súa historia. A película conta o que refire a lenda. Despois investigamos o que pasou en Europa cando queiman a María Soliña, en 1621,e descubrimos que en Noruega hai unha muller, Ana Pederdoque, que era viúva como María Soliña e rica igual ca ela, e como a nosa, foi acusada de bruxa e queimada. Tamén estudamos outros episodios semellantes en EEUU, Alemaña e Inglaterra de mulleres acusadas de bruxería, que son asasinadas reproducindo esquemas moi parecidos aos da nosa historia.

Eses casos están mellores documentados có de María Soliña?

Abofé que si. Máis ou menos desde os RRCC, a historia de Galicia, a nosa historia, desapareceu da escrita. Todo o noso é transmisión oral, e María Soliña tamén.

Canto tempo levou o guión?

Nove meses.

Dicíasme que hai conexión entre María Soliña e a COCA de Redondela?

Pois si, o dragón da Coca de Redondela é o mesmo có que ataca a María Soliña. E as conexións se repiten ao longo de toda a historia da humanidade, ou a agresividade que sufriu María Soliño non é a mesma que padecen as mulleres na sociedade actual¡¡

Este estreo vai ser diferente?

Si, por vez primeira a xente do rural vai asistir a un estreo antes cá da cidade. Ata que a situación dos cines non volva a normalidade ,todas as nosas proxeccións serán ao aire libre en concellos que non teñan cinema. Tamén montaremos autocines, e a estrea nesa modalidade será en Verín.

Caramba, que ben, pero iso necesita un espazo bastante grande non?

Si, en Verín teñen un espazo para 300 coches.

Que tal vos tratou o pobo de Redondela na rodaxe?

De maneira marabillosa. De feito eu son especialista en empanada de Chocos.

Ti abriches camiño no cinema galego?

Eu estouno a continuar, quen o abriu foi Chano Piñeiro.

Primer comentario

Deixa a túa opinión