Tomiño mellora o parque de colectores de lixo coa instalación de máis de 60 novas unidades

Colectores de lixo Concello Tomiño A Nova Peneira
É o momento! construírmos o futuro Galicia en común Podemos

Nos cinco centros de Educación Primaria, colocaranse novas papeleiras deseparación, con cargo á campaña de concienciación anual, levada a cabo en colaboración coa empresa concesionaria da recollida de lixo

Tomiño, 22 de maio de 2020

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Belén Casaleiro, está a implementar melloras no parque de colectores de lixo en distintos puntos do municipio, tendo en conta necesidades e solicitudes de veciños e veciñas.

Así, a principios de ano, colocáronse en 11 novas localizacións,colectores para vidro(iglús verdes),aportadospor Ecovidrio.

Nos vindeiros días, vanse colocar 21 colectores para a recollida de envaseslixeiros(colectores amarelos), de 2.400 litros e carga lateral, adquiridos recentemente polo Concello. Estas novas unidades sustituirán aos colectores de carga traseira, de menor capacidade, naqueles lugares nos que éstes son deficitarios. Polo que finalmente se disporá de 30 colectores para situar en novas localizacións do municipio.

Ademáis, colocaranse 11 novos colectores para pilas, aportados pola empresa Urbaser, para reempleazar os que están en mal estado, os cales, serán restaurados co fin de ampliar os puntos de recollida.

Agárdase tamén para este ano a achega por parte de Urbaser doutros 20 colectores para reciclaxe de envasesepapel-cartón. E, co gallo de seguir ampliando as posibilidades de reciclaxe, o Concello adheriuse ao proxecto “HORECA” de Ecoembes, para establecementos de Hostelería, Restauración e Cátering.

Asemade, nos cinco centros de Educación Primaria, colocaranse novas papeleirasde separación dos distintos residuos, con cargo á campaña de concienciación ambiental anual 2019-2020, que leva a cabo o Concello en colaboración coa empresa concesionaria da recollida de lixo. Isto, xunto cos composteiros que xa levan un ano en funcionamento, inculca dende a infancia a importancia dunha boa separación e da reciclaxe nos mais cativos, á vez que cobre a xestión de todos os residuos xerados en cada centro. 

A concelleira responsable da área, salientou a importancia da cooperacón da cidadanía para unha xestión do lixo máis respetuosa co medio ambiente, que beneficia a todos, máis alá de cumprir coa normativa. “Dende o concello vense traballando nun novo modelo de xestión para mellorar os datos de reciclaxe e reducir a cantidade de lixo que vai, de forma indebida, ó colector de resto. Para o cal, ademáis de facilitar a reciclaxe ampliando o número de colectores específicos, han de levarse a cabo xornadas de formación e concienciación” declara Casaleiro.

Primer comentario

Deixa a túa opinión