Ecoloxistas en acción presenta un decálogo para un goberno ecolóxico

Decálogo ecologistas en acción A Nova Peneira
É o momento! construírmos o futuro Galicia en común Podemos

Ecoloxistas en Acción ven de enviar un Decálogo de Propostas Socioambientais para un Goberno Ecolóxico a todas as forzas políticas con representación no parlamento galego para que incluan ditas propostas nos seus respectivos programas electorais cos que concurren aos comicios do 12 de xullo. O documento recolle dez grandes propostas en seis bloques que o Goberno entrante deberá poñer en marcha para recuperar o tempo perdido e avanzar con decisión na necesaria e urxente transición ecolóxica.

organización ecoloxista galega declara que a grave crise sanitaria co seu cru drama humano centrou toda a atención mediática relegando a un sombrío e perigoso segundo plano a emerxencia climática. O confinamento derivado da pandemia do Covid-19 deixou irrefutablemente patente que a actividade do ser humano é a causante da crise climática e doutros problemas socioambientais, pero tamén a nosa capacidade como sociedade para amoldarnos e cambiar os hábitos ou actividades que supoñen un grave risco para a saúde. Desta capacidade colectiva de superación debemos extraer a lección para abordarmos con éxito a emerxencia climática e a máis ampla crise socioecolóxica da que forma parte. Non debemos adentrarnos na nova normalidade incidindo nos erros do pasado. A superación da crise sanitaria ten que ir acompañada de medidas para afrontar a emerxencia ecolóxica. O paquete de medidas de estímulo e recuperación económica que se implementen debe centrarse en actividades sostibles e positivas para a natureza e non en sectores responsables da crise ecolóxica tales como a aviación ou a automoción. A defensa da vida, da biodiversidade, debe ser a premisa das futuras decisións políticas.

O novo Goberno galego que saia das urnas o 12 de xullo chega nun momento no que a vida no planeta está comprometida. A crise sanitaria, ecosocial e climática resultan evidentes e en todo o planeta aumentan os chamamentos para inclinar a balanza en favor da sustentabilidade e dun sistema económico máis xusto. Por iso, Ecoloxistas en Acción pide ás forzas políticas que vaian conformar o novo Parlamento Galego e designar o futuro Goberno que adopten nos seus programas estas propostas para abordar os maiores retos ambientais aos que se enfronta o noso país en defensa da natureza e as persoas.

No primeiro bloque de propostas ecoloxistas aborda unha Transición Ecoloxica Xusta e Rápida espoñendonos as accións transversais que debe adoptar o novo goberno para promover unha verdadeira transición ecolóxica. Entre outras, medidas como asegurar unha representación adecuada das entidades ambientais nos consellos e demais órganos consultivos da Xunta de Galicia e intoducir mecanismos de democracia participativa na toma de decisións. Tamén, dentro deste bloque, nos sinalan a necesiade de desenvolver unha lexislación de avialiación medioambiental que obrigue a uns detallados e imparciais estudos de impacto medioambiental a calquera proxecto que potencialmente poida resultar lesivo para o medio ambiente e que estableza uns tempos e canles que favorezan a participación cidadá.

No segundo bloque que titulan Sen Biodiversidade Non Hai Vidaalértannos que compre poñer en marcha medidas urxentes para frear a perda de biodiversidade. Para isto, inciden na premura que debe ter o goberno entrante por elaborar unha “Folla de ruta” vinculante para abordar a urxencia producida pola perda de biodiversidade, así coma avaliar o seu impacto sobre a provisión de servizos ecosistémicos chaves para o noso benestar. Entre outras accións, é imprescindible duplicar a superficie protexida ao abeiro da rede Natura 2000, favorecendo todo o posíbel a conectividade ecolóxica entre os espazos naturais, así como promover plans de conservación e recuperación para todas as especies de fauna e flora catalogadas como vulnerables ou en perigo de etinción. A ampliación da Rede Natura 2000 debe acompañarse de orzamento suficiente que permita a execución das distintas medidas incluídas nos plans de xestión dos espazos naturais que a compoñan.

Para Ecoloxista A Emerxencia Climática é unha Prioridadee con este título designan ao terceiro bloque recalcando na necesidade de actuar xa fronte á emerxencia climática de forma prioritaria. Para esta actuación apuntan que é prioritario reformular a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 para acadar un obxectivo de redución das emisións galegas de dióxido de carbono (CO2) e outros gases causantes de cambio climático de, polo menos, un 65% en 2030 con respecto a 1990, para lograr a meta de emisións netas cero en 2040, a máis tardar. Para iso, é prioritario que a central térmica das Pontes estea xa pechada en 2022 (descartando totalmente a opción da co-combustión de carbón e residuos orgánicos) e conseguir un sistema eléctrico 100% renovable en 2030, a máis tardar.

No cuarto bloque propoñen medidas efectivas para garantir o uso sustentable dos recursos hídricos e o dereito humano á agua e pór asíA Vida no Centro das Políticas. Consideran o acceso á auga potable e ao saneamento como un dereito humano e por iso solicitan que se establezan medidas de fomento dunha xestión pública, eficiente e participativa da auga. Tamén apuntan a necesidade de acelerar a delimitación do dominio público hidráulico na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e garantir a súa defensa efectiva para reforzar o seu papel na conectividade ecolóxica e na laminación das enchentes. Ademáis ven urxente adoptar medidas ambiciosas contra a contaminación atmosférica, acústica e lumínica como reformar a lexislación autonómica en materia de calidade do aire e de ruído. Tamén están presentes no decálogo medidas efectivas contra acontaminación electromagnética como a moratoria do despregue da 5G e dos seus proxectos pilotos (Vigo e A Coruña) que non atenden á avaliación ambiental nin ao principio de precaución. Non menos importante é reducir o uso de sustancias perigosasde xeito drástico e descontaminación das zonas afectadas e para acadalo sinalan que é necesario establecer obxectivos ambiciosos de uso de praguicidas, de polo menos un 30% de redución para 2023, prohibindo antes aqueles máis perigosos e os que interferen co sistema endocrino.

O quinto bloque denomínase Un Modelo Produtivo para un Horizonte sen Residuos.Neste bloque, ecoloxistas cre prioritario impulsar un modelo produtivo baseado na redución do consumo de recursos materiais con especial atención ás políticas de residuo cero. Destacan ademais que é imprescindible reformular a Estratexia Galega de Economía Circular 2020-2030 para facela máis ambiciosa e incorporar o obxectivo de reducir a demanda de materiais da economía galega nun 40% en 2030, ao tempo que se aumenta o peso relativo do uso de materiais renovables en detrimento da utilización de minerais (enerxéticos e non enerxéticos), hoxe moi maioritariamente importados do resto do mundo e, especialmente, do Sur global.

O derradeiro bloque adicanno a Un Desonvolvemento Sostible no Rural e apostan pola agroecoloxía e a soberanía alimentaria. Así ven necesaria a transformación de todo o modelo produtivo pasa no ámbito agrario pola desintensificación, unha certa desgandeirización acompañada do fomento da redución do consumo de carne e lácteos e a conversión ecolóxica da produción, priorizando as pequenas explotacións labregas e o comercio de proximidade. Para unha Xestión forestal sostible e con futuropropoñen un Novo Plan Forestal de Galicia e revisión da lexislación de montes, baseándose no consenso social e na conservación das masas forestais autóctonas, a zonas de mato, pastos e outros terreos agrícolas, non na mobilización produtivista do monte. E por suposto non se esquecen da necesidade de reducir de forma progresiva e drástica a superficie coberta por eucaliptais, impedindo novas plantacións e eliminando parte das existentes, especialmente nas ribeiras dos ríos e nos espazos naturais protexidos.

Primer comentario

Deixa a túa opinión