Gondomar aposta pola cultura e artistas locais no programa de actividades de verán

Paco Ferreira Alcalde de Gondomar A Nova Peneira

Gondomar, 13 de xuño de 2020

O goberno de Gondomar prepara xa a súa programación de verán apostando de forma clara e directa pola cultura e os artistas locais, consciente do difícil momento que este sector afronta tras a alerta sanitaria ao verse limitadas moitas das súas actividades. Dende a concellería de Cultura deseñouse unha programación pensada para todas as idades e que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

A alarma sanitaria e as novas normas que rexerán a partir do seu levantamentoestiveron moi presentes á hora de deseñar unha programación que “non quixemossuspender porque entendemos que os nosos veciños merécena, e teñen que gozar comotodos os veráns de actividades de lecer”, afirmou o rexedor Paco Ferreira.

A pesar de que os eventos tradicionais que implican grandes concentracións como a celebración de San Bieito, a festa da Rosquilla suspendéronse este ano “o nosoprograma é igual de ambicioso que en edicións anteriores, buscando achegarnos aomaior número posible de persoas e a todos os recunchos do municipio”.

Desta forma durante os meses de xullo e agosto todos os venres, sábados e domingos programaranse actividades que este ano tamén se trasladarán ás parroquias.É o caso do “cinema de verán” que cada semana proxectará unha película en cada unhadelas, evitando así aglomeración de persoas nun mesmo punto, atendendo ao decreto que rexerá a nova normalidade unha vez que finalice a alerta sanitaria.

Ademais tamén está prevista a celebración de pequenos concertos en espazos abertos de grupos e artistas locais, moitos deles xa de recoñecido prestixio e outros que empezan a despuntar no mundo da música, así como actuacións de teatro e outro tipo de representacións de artes escénicas.

“Todos os sectores profesionais son importantes para o noso goberno e por isoeste ano queremos estar aí máis que nunca, apoiando á cultura, un ámbito profesional do que dependen moitas familias e que non debemos esquecer”, conclúe Paco Ferreira.