Vigo, STOP arboricidio

Vigo STOP arboricidio A Nova Peneira
Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

As Ecoloxistas levamos meses denunciando as tallas indiscriminadas en Vigo, onde nos últimos anos parece que non hai actuación urbanística que non sexa inagurada a golpe de motoserra.

Está recoñecido a nivel internacional a importancia das árbores nos cascos urbanos das ciudades. Os servicios que dan as árbores son valiosísimos: producen oxíxeno, atrapan partículas contaminantes, reducen a contaminación auditiva, controlan a temperatura, protexen do sol e da choiva, propician a biodiversidade, dan sustento e refuxio á fauna urbana e fan a vida mais agradable ás persoas. Estudios científicos demostran que as árbores urbans teñen a capacidade de amortiguar as temperatura extremas entre 2ºC e 8ºC. En inverno ofrecen protección térmica e no veran ofrecen sombra e teñen a capacidade de refrescar o aire varios grados respecto a temperatura ambiente. Isto supón aforro enerxéticos de moitos hogares en aire acondicionado, economizando enerxía e contribuindo a reducir a pegada de carbono da cidade

Nunha sociedade cada vez mais urbanita, cada vez mais afastada da vida rural, das aldeas e que realiza a maior partes das súas actividades cotiás nas urbes, a natureza urbana é esencial. Os espazos verdes urbans son a única oportunidade diaria de contacto dos cidadáns coa natureza, e aportan moitos beneficios ambientais e sociais que son básicos para mellorar a calidade de vida e o benestar dentro das cidades. Por iso, en canto o confinamento deixounos algo de liberdade non tardamos en acometer esta acción da man das compañeiras de Extintion Rebelion Vigo desplegando pancartas un selecto grupo de activistas na Fortaleza do Monte do Castro. Parque onde sen dubida atópase o epicentro do arboricidio vigués. 

Coa actuación realizada pretendemos polinizar á cidadanía para que deixe de ver ás árbores como meros ornamentos e comece a consideralas o que realmente son: as nosas principais aliadas na loita contra o cambio climático. Sen tomar conciencia do valor das árbores e da biodiversidade que aniña neles non seremos quen de abordar a crise climática en toda su súa envergadura. 

Pasemos lista das caídas pola insensatez humana: dende o día 28 de abril de 2020 se realizaron traballos de tala no recinto amurallado da Fortaleza do Castro afectando a 12 árbores: 6 cedros (Cedrus sp.), un cipres de Lawson (Chamaecypartis lawsoniana), dous abetos (Picea avis), unha acacia negra (Acacia melanoxylon) un carballo americano (Quercus rubra). Dentro do castelo tallouse un exemplar de Cedro xaponés (Cryptomeria japonica). 

Esta talla indiscriminada non e un feito illado, ven precedida de outras moitas actuacións prexudiciais a nivel ambiental. A talla de árbores adultas, coma os carballos americanos, realizadas nos últimos anos nas áreas da batería do Couto, no Saliente de Coia e na zona da Poterna (para darlle visibilidade a muralla do castelo aproveitando a caída dunha acacia enriba dos patos) provocou a extinción da única parella de avelaiona do casco urbano de Vigo, especie de rapaz que goza de protección legal. As podas indiscriminadas realizadas en 2019 de tódolos carballos americanos dende o Baluarte do Regueiro á zona do Tambor veñen de ferir gravemente ós exemplares e acortarán a vida destas árbores nobres de folla caediza tan necesarias nos parques urbanos para proporcionar sombra. A guinda a pon a neglixencia nas actuacións das obras de Ronda Don Bosco que provocaron a caída de dous Cedrus atlántica que en teoría tiñan que estar protexidas pero que acabaron cedendo ante as excavacións agresivas no entorno e a falla de anclaxes, que afectaron a árbores de raíces pouco fondas. Nin empresa nin concello tomaron as medidas de proteccion adecuadas para preservar estas árbores senlleiras. 

Esta sistemática eliminación de árbores en parques, debe ser reconducida a unha actitude máis progresista e respetuosa coa vexetación urbana.

Desde Ecoloxistas insistimos en que Vigo debe definir unha política integrada de respeto ó medio ambiente da cidade de Vigo, apostando polas áreas verdes en parques e rúas e apostando pola reducción do uso de tratamentos químicos. O beneficio é para a cidade e para ás viguesas e vigueses. O beneficio é para o medio ambiente e para a calidade da cidade. Vigo debe convertirse nun gran “Bosque Urbano” no que se pranten árbores autóctonas e se realice unha restauración que convirta nun parque de referencia internacional dende o punto de vista medioambiental e cultural. A nosa proposta: pór en marcha un Pacto Verde. Un acordo para construir unha cidade sostenible no que cidadáns, colectivos veciñais, colectivos medioambientais e administración colaboremos para que a vida sexa mellor. Proponemos á sociedade viguesa un pacto verde no que se priorice a conservación das zonas verdes do casco urbano e se melloren as zonas verdes periféricas e os parques forestais.