Concello de Redondela Día 25 de xullo A Nova Peneira
Redondela

Redondela celebra o Día Nacional de Galicia

Este sábado 25 de xullo o Concello de Redondela organizou o seu tradicional acto institucional para celebrar o Día Nacional de Galicia. A alcaldesa, Digna Rivas, recibiu na Casa do Concello a Guadi Galego, e foi convidada a escribir unhas palabras no libro de honra do Concello de Redondela. Dignas Rivas apunta que “Guadi ten demostrado sempre un gran amor pola cultura galega e unha implicación na loita feminista. Dende o noso concello queremos recoñecela e trasladarlle a nosa forza para que acade máis éxitos de cara ao futuro porque tamén serán éxitos para Galicia” […]

Filmoteca Galega Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

Redondela inaugura a Filmoteca Galega

O cinema en lingua galega ocupa xa un lugar propio nas viodetecas galegas. Logo dos éxitos acadados polos últimos filmes (O que arde, Longa noite ou Trinta lumes), o Servizo de Normalización Lingüística impulsou esta iniciativa. A proposta trátase de crear un fondo propio baixo o lema “Filmoteca Galega” que incluirá curtas e longametraxes, documentais ou cinema infantil […]

María Figueroa Fútbol femenino Concello de Redondela A Nova Peneira
Redondela

A redondelá María Figueroa achégase a elite do fútbol feminino

María é unha moza de Redondela, que acaba de ser fichada polo DEPOR, equipo que milita na máxima categoría do fútbol feminino, en principio para reforzar ao seu equipo B. María é unha moza moi nova, aínda non cumpriu u os 18, posúe un gran talento para a práctica deste deporte e todas as portas se abren para que consiga o seu sono de gozar do que máis lle gusta, xogar ao fútbol, coas mellores xogadoras de España. Nós conversamos con ela […]

Fascismo nunca máis A Nova Peneira
Redondela

Fascismo nunca máis

19 de xullo 2020, desembarcamos na Illa da Memoria para manter ao socaire do esquecemento a aqueles que perderon a vida a mans da barbarie. Este ano tomamos San Simón mermadas pola pandemia, pero sen restar un ápice no noso afán en reparar a aldraxe cometida contra quen defendian a liberdade e a xustiza social […]