Ponteareas lanza as axudas para obras nas traídas veciñais por 150.000 euros

Concello de Ponteareas traídas de auga A Nova Peneira

Ponteareas, 4 de xuño de 2020

A convocatoria de 2020 priorizará as obras nas traídas que non recibiron axuda noutros anos

As subvencións dos últimos anos por importe de 300.000 euros xa beneficiaron a 28 traídas de 14 parroquias

O alcalde de Ponteareas,Xosé Represas, informa que na vindeira semana está prevista a publicaciónno Boletín Oficial da Provincia (BOP) daconvocatoria de axudas para obras nas traídas veciñais de augas por importe de 150.000 euros. Axudas que se financian con fondos propios do Concello e que se abrirán cun prazo de 20 días adiantando xa a información para que as traídas preparen a documentación. 

Co obxectivo de apoiar o esforzo que realizan estes colectivos e contribuir na mellora dun servizo básico, a convocatoria deste ano 2020 beneficiará as traídas que non percibiron axudas nestes anos, priorizando nas bases as obras nestascomunidades de usuarios e usuarias.

Ademais, a concesión destas axudas supoñen unha inxección de fondos que promoven o emprego cercano porque permiten que as comunidades de augas contraten obras que, moitas veces, son realizadas por pequenas empresas locais, 

No balance desta pioneira convocatoria de axudas, o nacionalista Xosé Represas destacoua excelente acollida que tivo esta iniciativa que permitíu realizar investimentos por importe superior a 400.000 euros en 28 traídas veciñais de 14 parroquias, sumando ata o día de hoxe as axudas do Concello 299.000 euros. Entre as obras realizadas figuran melloras nos sistemas de captación de auga, sistemas de almacenamento e potabilización(depósitos, filtración, decantación, etc.) e melloras nas redes de distribución de augas.

Igual que nos últimos dous anos, o Concello subvencionará cun 80% o importe das obras. A convocatoria será de forma transparente e por concurrencia competitiva, “éun dereito para os veciños e nós como Concello temos a obriga de garantirllo aotratarse dun servizo prioritario”.