O Vixésimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Senlúa Arraiana A Nova Peneira A Nova Peneira

ENCAIXANDO PEZAS

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este vixésimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Partimos de regreso a desgana, arrastradas polo chamada do deber. Os días xunto a Hocus Pocus mergulladas na armonía se sucederon inexorables sen que ningunha de nós quixera mencionar unha data de partida ante o temor de que se quebrara o sortilexio. -É hora de volver-, musitei cabizbaixa ao séptimo día. Ninguén rechistou aínda que todas compartíamos a desazón. Arrastrando a mirada, sabedoras de que non podiamos eludir máis a nosa responsabilidade, paladeamos as derradeiras horas no paradiso mentres nos pertrechabamos para o camiño de volta. 

No momento da despedida Hocus Pocus rodeou a miña faciana coas súas mans e un murmurio abracadabresco manou da súa gorxa. Intelixible, algunha sorte de de salmo protector? Por un momento vislumbrei na súa imperterrita faciana un aceno quizás de mágoa pola separación ou seica de pesadumbre polo futuro incerto. 

A primeira xornada da viaxe paseina taciturna sen apenas cruzar palabra con ninguén. Horas enfrascada nos meus pensamentos sobre o pedazo de ceo que acababamos de abandoar. Sería posible crear noutro lugar un paradiso semellante ao que deixabamos atrás ou este era insostible sen a quintaesencia lenificante da nigromante? Como pode alguén arrogarse ser o guía dun camiño que nunca transitou ou o arquitecto dunha dunha sociedade que descoñece? Non son máis que profeta da miña imaxinación. Pode que algún pasaxe soñado coincida co devenir pero agarrarse a eles como follas de ruta é negarlle o futuro ao que nace. O momento de derrocamento do poder estabrecido é tumultuoso, pura oclocracia de miles de líderes anónimos que arrastran a súa veciñanza en pos dun mundo mellor. Nesa multitude efervescente está o poder constituínte dunha nova sociedade comunitaria. Será o pobo arriano o catalizador é protagonista ese día ou so unha pinga máis arrastrada pola voráxine?

Tantas preguntas coas súas respostas enganchadas na curva dos seus interrogantes atizaban a incertidumbre que soflama a miña axitación. Beber do hontanar de sabiduría de Avicena era o antídoto que necesitaba para asedar as miñas inquedanzas. Así, durante a viaxe calquera instante era bo para conversar con Avicena e dende o mencer até solpor afanábame en propiciar esos momentos. A veces escoitabao con deleite e outras interrumpiano refutando alporizada as súas digresións. As nosas conversas rara vez transitaban por lugares comúns, eu nunca os reclamaba e Avicena, herético e transgresor por natureza, aborrecía os camiños trillados. 

A ruta de retorno trazámola a través dos bosques do Rebumbio, ao norte do páramo inhóspito polo que atallamos na  ida. Desexábamos unha viaxe máis tranquila e frondosa, non queríamos repetir a árida odisea. Aumentaríamos alomenos dúas xornadas ao traxecto pero estaban totalmente xustificadas pola esperanza de Puxeiros O Roxo de atopar a mesnada de Portela A Verde a pesar dos rumores da morte de ela e a da aniquilación das súas milicias. Avanzabamos cun rumbo zizagueante segundo os pálpitos de Puxeiros O Roxo. Faciamos xornadas curtas e ao remate antes do solpor O Roxo ascendía ao outeiro máis cercano e facía soar unha estrana melodía co seu merlitón. Un antigo santo e seña dos tempos de clandestinidade que sufriran os puxeiros antes do desastre climático. 

Onte vivaqueamos ao socaire dunhas frondosas. Coma sempre que realizabamos unha etapa reducida aproveitaba o tempo restante de luz para ler algún dos libros cos que me agasallara a nigromante. Filósofos e políticos do curto século vinte. Sempre co cálamo na man para escoliar nos marxes as miñas reflexións. Pouco durou a miña lectura, Avicena interrumpiume cun comentario jocoso mentres enarqueaba burlón unha cella. -Houbo un que rematou confundindo xigantes con molinos de tanto ler ficción-, ninguén coma el para salpimentar unha conversa. Amaguei un conato de defensa acalorada mentres pechaba o libro sabedora de que o meu amigo só polemizaba para atraer a miña atención. Así que deixei que se explaiara.

-Todo esos escritos que se acumulan o saber humano non sirven máis que para alimentar o lume unha vez que o proceso de ruptura está en marcha. Non te negareí o seu valor como entretenimiento durante o mentrastanto, incluso como paliativo da fiebre das trincheiras pero unha vez que se inicia o movemento convértense en meras entelequias trasnochadas ante o imperio da acción. Ademais a maioría deles non pasan de ser nomenclaturas e renomenclaturas de fuxitivas realidades. Se alguén sufre, arrimate e comparte a súa desazón, non te adiques a categorizar sobre o seu sufrimiento. Canta arrogancia tivo que soportar o século pasado-, decíamo el que citaba de memoria parágrafos enteiros de moitos dos librepensadores contra os que agora despotricaba. Enardecida repliqueille que era un sacrílego, que estaba profanando os lugares sacrosanto de sabiduría que eran para mi estos libros. Grazas aos coñecenentos que atopa neles ía encaixando as pezas para construir un futuro arriano.

Avicena criárase entre libros, pero eu sufrín a carestía de vivir na raia do oeste. Cun xiro dramático esquivei o tema da conversa, – A veces gostaríame ser unha gralla e voar para esvanecerme na lontananza, acadando acougo na curva do planeta esquiva a mirada ávida dos humanos. 

Antes de que Avicena encaixara e reconducira o cambio de tema lanceille unha pregunta inocente, -Por qué mascullaste “magufos, o que nos faltaba” cando O Roxo propuxo desviarnos cara o norte na búsqueda de Portela Verde e a súa xente?

-Infernos que pueblan o mundo machimbrado-, bufou esta babelica expresión pouco acostumado a ir a rebufo nas conversas. Concedinlle uns intres para que queimara as súas ínfulas no pebeteiro da súa vanidade.

-Corren rumores de que Portela Verde e os seus amigos convertéronse nuns adoradores da enerxía que atribuen poderes sobrenaturais aos raios de sol e consideran a corrente eléctrica un ente divino-, continuou ao decatarse que captara toda a miña atención. -Portela Verde era unha brillante científica antes da hecatombe planetaria e despois do desastre foi unha adalid da reconstrucción taballando cóbado con cóbado co teu pai. Era moi querida, incluso adorada pola xente pola súa capacidade de reconvertir e reutilizar os restos tecnolóxicos para poñelos ao servizo de todos.

Expreseille as miñas dúbidas sobre considerar á tecnoloxía como liberadora per se sen cuestionar a súa utilidade para satisfacer as necesidades humanas. Coma sempre o meu compañeiro tiña unha opinión xa conformada sobre a cuestión e acudiu ráudo a ilustrarme.

– Canto máis se adentraba a sociedade no século XXI a tecnoloxía máis avanzada deixou de ser liberadora para ser liberticida. Esta tecnoloxía deixou de ser ciencia e pertenecía a unha minoría acaudalada que a utilizou para blindar o sistema que les garantizaba que así súas inmensas fortunas seguirán medrando fóra de control democrático. O capitalismo era daquela xa un sistema obsoleto incapaz de redistribuir e augurar un porvenir para as xeracións vindeiras. A tecnoloxía punta da comunicación que propiciou a cuarta revolución industrial foi o banderín de enganche para eludir un colapso civilizatorio que alumbrara outra sociedade máis conscente dos límites do planeta e das consecuencias das súas accións. Antes da hecatombe a esfera do público o abranguía todo sen resquicio para a intimidade, a xente vivía permanentemente no escaparate das redes sociais e non había ámbitos de autonomía desde os que articular a disidencia. Sólo o desastre climático foi quen de provocar o colapso da civilización imperante e acabar co crecente totalitarismo- mentres Avicena desgranaba o seu relato, eu non deixaba de preguntarme como unha civilización que o tiña todo poudo autoextinguirse por non poñer coto a súa cobiza. 

Estaba a piques de compartir a miña desesperanza na raza humana ante a existencia da colmea cando un estruendo chamou a nosa atención. Por fin alguén atendera ao mirlitón. O magufos están aquí?

Primer comentario

Deixa a túa opinión