MERDA OU CHOCOLATE?

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

Antonte espertei abafado da cama. Habían de ser a catro da mañá e no bloque onde vivo non se escoitaba nada máis que o reloxo de parede do veciño do quinto D. Un home que aprendera a vivir só dende que a súa muller morrera cando non tiñan máis plans ca mirar cara o futuro cheos de esperanza.

Nun primeiro intre botei man do móvil por medo de chegar tarde ó choio pero a alarma ainda non soara. Entón, decateime de que o meu desacougo tiña outros medos, outras raices que se anodaban na almofada e non era quen de ordear todas as ideas que bulían pola miña cachola coma estrelas fugaces.

Levanteime da cama sen facer moito ruido, tentando non espertar a ninguén e sentei váter. Si, eu son dos que gosta mexar sentado, sobre todo cando a cabeza e corpo non está para moitos equilibrios , e, coma na casa, en ningures.

Pois vaites que alí foi onde me lembrei dun chiste que de seguro ten máis anos ca min. 

O conto é que van dous amigos pola rúa e topan cunha merda non chan. Un veña a dicir que é chocolate o outro, non, que é merda. 

Nesta lideira botaron bo tempo ata que os dous amigos deciden probala, petisco á petisco. O do chocolate seguía convencido de que a merda era chocolate e o compañeiro, se cadra, máis ainda, seguro de que a merda era merda.

Cando xa non quedaba nada non chan, o mestre chocolateiro deu por trocar o seu parecer.

”Pois levas razón, chiño, era merda e menos mal que non a pisamos”.

E aló foron os dous amigos, coma se acabaran de descubrir a receita da vida eterna.

Collendo o fío desta historia tento entender o resultado das pasadas eleccións en Galiza e no País Vasco. Unhas eleccións onde o medo xogou un papel moi importante ainda que tentaron contarnos o contrario. 

Os resutaldos foron os que foron e o pobo falou, bueno, non todo, houbo moita xente que tanto lles ten comer merda ou comer chocolate.

En Galiza, Feijoo, gañou outra vez. Feijoo arrasou con todo, con todas. Maioría absoluta, a pesar de todo. A pesar de que as enquisas, de primeiras, falaban ou pronosticaban un cambio, aparentemente, vital e necesario para unha terra que ata ten que pedir permiso para falar e vivir na súa lingua.

Ainda que os escanos falen dunda diferencia brutal entre vencedores e vencidos, agás uns miles de votos afastan a Feijoo, á dereita, do bloque de esquerdas que poderían engadir un chisco de esperanza á un país que non fai máis que baixar a cabeza cada vez que ten que dar un paso adiante.

Por outra banda, aquí no Pais Vasco, a dereita, o PNV, volta a gañar pero con pouca marxe de manobra e precisando dun compañeiro de viaxe para os bindeiros catro anos.

Aquí, no País Vasco, ainda queda moito por arranxar, para poder construir unha ponte firme sobre os osos da memoria onde as esquerdas poidan camiñar xuntas sen remorso algún.

Amargo rexurdir do BNG, Bloque Nacionalista Galego, que ten moito que celebrar pero moito máis polo que chorar.

A merda vai seguir sendo merda por moito que dous tolos boten a tarde enteira para decidiren se a merda é merda ou chocolate.

Mágoa da xente que mexan por riba dela e seguen a dicir que chove. Nin afoghando saberían distinguir unha mexada dun bo cava.

Primer comentario

Deixa a túa opinión