Fascismo nunca máis

Fascismo nunca máis A Nova Peneira

Cristóbal López | Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

19 de xullo 2020, desembarcamos na Illa da Memoria para manter ao socaire do esquecemento a aqueles que perderon a vida a mans da barbarie. Este ano tomamos San Simón mermadas pola pandemia, pero sen restar un ápice no noso afán en reparar a aldraxe cometida contra quen defendian a liberdade e a xustiza social.

Estar aquí, citalos, decir os seus nomes, arroxar luz na escura história do fascismo é unha victoria. Alguén pode tíldala de cativa, de serodia incluso de desaborida ante o rexurdir do fascismo por doquier, pero unha victoria á fin e ao cabo. Unha victoria, a pedra angular do Non Pasarán. 

Na rendida homenaxe non quedan atrás as compañeiras e compañeiros memorialistas que foron alento do movimento e que foron caendo no camiño, pero nunca na cuneta. Eles son os nosos centauros e nós seremos a súa mesnada irreductible. Levámolo escrito na fronte: Fascismo nunca máis!

Primer comentario

Deixa a túa opinión