A redondelá María Figueroa achégase a elite do fútbol feminino

María Figueroa Fútbol femenino Concello de Redondela A Nova Peneira

María é unha moza de Redondela, que acaba de ser fichada polo DEPOR, equipo que milita na máxima categoría do fútbol feminino, en principio para reforzar ao seu equipo B. María é unha moza moi nova, aínda non cumpriu u os 18, posúe un gran talento para a práctica deste deporte e todas as portas se abren para que consiga o seu sono de gozar do que máis lle gusta, xogar ao fútbol, coas mellores xogadoras de España. Nós conversamos con ela

Fichas polo DEPOR B , pero vas facer a pretemporada co primeiro equipo non?

Si, a verdade é que supón un paso de enorme relevancia para min e estou moi ilusionada en tratar de aproveitar a oportunidade que me dan

E pensas en quedar no primeiro equipo?

Eu vou coa máxima humildade, pero vou facer todo o que poida para aproveitar a oportunidade, e se a teño vou pelexar por conservala claro que si

Cales son os teus obxectivos deportivos?

Chegar ao máximo claro, pero indo paso a paso. Se podo ter algunha oportunidade no DEPOR A xenial, e se non xenial tamén, a gozar todo o que poida do fútbol no DEPOR B

Estás facendo historia en Redondela, es a primeira muller que ficha por un equipo da máxima categoría

A verdade dito así dá un pouco de vertixe e moito respecto, pero a min encántame xogara o fútbol e vou á Coruña a facer o que máis me gusta

Redondela ten xa certa historia en canto a deportistas de primeiro nivel, homes, e agora unha muller ..

Ben, como che dixen eu vou dar todo o que teño, o único que podo asegurar é que vou a tope de ilusión

Eu creo que o traballo do Choco ten moito que ver na cantidade de bos futbolistas que xorden en Redondela

Seguramente, eles traballan moi ben a base. No que a min respecta todos os adestradores que tiven foron xeniais e aprendín moitísimo de todos e cada uns

Ti comezaches en casa Paco?

Si con 3 anos

Miña nai, a pouco máis teñen que levarche o biberón ao campo

Ha ha ha ha. é que o meu irmán tamén xogaba ao fútbol e eu quería facer o mesmo. Logo de Casa Paco fun para o que era o Redondela, pasei ao Choco ata que na categoría xuvenil fun ao Matamá

O teu irmán participou no ascenso do Choco á máxima categoría verdade?

Siii e eu estou moi orgullosa del , claro que si

E que tal a experiencia polas terras de Vigo?

Pois foi a miña primeira experiencia no fútbol feminino, e estivo moi ben, conseguimos ascender de categoría aínda que logo non se puido concretar

Fanse amigas no mundo do fútbol?

Sii, moitas e moi boas porque pasas moito tempo con elas. As compañeiras do fútbol son como unha segunda familia

Supoño que a túa rutina mudará?

Si, entendo que si. Antes adestraba 3 días á semana e xogaba as fins de semana, e agora entendo que a intensidade será moito maior, pero como che dixen antes a min encántame o fútbol e estou segura de que vou pasalo moi ben

Alén de xogar ao fútbol estudas, non?

Si, acabo de rematar segundo de bacharelato e agora na Coruña farei un ciclo superior

Pódese vivir do fútbol feminino?

Eu non estou niso agora, entendo que o do fútbol é un momento, como xa che dixen moi bonito para min, pero pode rematar en calquera instante e unha saída vital é necesario ter

Algún día o fútbol de mulleres provocará a mesma expectación que o masculino?

Eu creo que estamos avanzando, e o desexable sería que se tivese avanzado máis aínda porque a mesma satisfacción ou emoción que pode provocar presenciar un partido de homes, pode atoparse mirando un de mulleres sen dúbida

Ti que xa xogabas ao fútbol de moi nena, iso non che ocasionou ningún episodio de conflito social?

Si, ás veces si, como que che fan de menos por ser nena e xogar ao fútbol, pero ben logo cando che ven xogar pois normalmente calan. Eu ata chegar ao Matamá sempre xoguei en equipos mixtos e nunca tiven problema.

E cando cambiaches a xogar só con rapazas?

Iso si que se nota, pois os rapaces son algo máis brutos

Xogar en equipos mixtos era duro?

Non, todo o contrario, sempre tiven moi bos compañeiros que facían todo máis fácil

De que posto xogas?

De defensa central ou tamén de medio centro

Es das que sachan?

Non teño problema por iso

De que equipo es ti Maria.?

Do DEPOR claro, aínda que tamén me gusta algo o Barça

Antes da fichaxe do DEPOR estabas a xogar no Sanxenxo, que tal a experiencia?

A experiencia estivo ben, o único problema era a distancia pois ter que desprazarse a adestrar ata Sanxenxo non era nada fácil para min

Rematamos desexándoche moita sorte e moitos éxitos, porque talento tes de sobra, e cun pouco de sorte estou convencido de que podemos ser os primeiros que entrevistan á nova Vero Boquete e cunha pregunta sobre que significou casa Paco para ti?

Ha ha ha ha. Moitas grazas. Casa Paco non só para min senón para varias xeracións de nenos e de nenas de Redondela foi importantísimo. Eu, en concreto nunca poderei esquecer os meus inicios nese marabilloso equipo

Primer comentario

Deixa a túa opinión