Tomiño reactiva o REVITALIZA  e preséntao ante as Comunidades de Montes e Asociacións Veciñais

Revitaliza Compostaxe concello de Tomiño A Nova Peneira

De aquí a final de ano, está previsto ampliar a 12 os centros de compostaxe comunitario do Seixo e a 4 os de Goián, para dar servizo a todas as vivendas dos centros urbanos

O investimento para levar a cabo este proxecto é de 528.104,50 €, cunha achega da Deputación de 456.018,24€.

Tomiño, 24 de xullo de 2020

Despois duns meses de parón, por mor do estado de alarma, o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Tomiño reactiva o Revitaliza.

Logo de estar traballando na análise da situación e necesidades do concello, así como ver a situación noutros concellos en fases máis avanzadas, o departamento de Medio Ambiente e os técnicos do Revitaliza (mestres composteiros), quixeron comprobar a impresión e opinión das comunidades de montes, coas que se reuniron o pasado 15 de xullo, e coas asociacións de veciños, ás que se pretende citar a semana próxima.

Nestas reunións, aparte de explicar en que consiste este novo modelo, fálase sobre todo da necesidade de cada parroquia de instalar “Puntos verdes” (ou de intercambio de biomasa), da posibilidade de por un composteiro nos cemiterios e do contacto e lugar para organizar reunións de entrega/cesión de composteiros individuais (COIN) aos veciños de cada parroquia (cas medidas de seguridade precisas ante a covid-19).

O REVITALIZA foi deseñado e impulsado pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de establecer un novo modelo de xestión dos residuos municipais centrado na separación/tratamento da fracción orgánica dos residuos, o máis cerca posible do punto de xeración (Principio de proximidade-Estratexia Europea).

O investimento para levar a cabo o proxecto (como xa se presentou nos orzamentos deste ano), é de 528.104,50 €, cunha achega da Deputación de 456.018,24€.

En toda a provincia, dentro do marco do Revitaliza, xa se teñen repartido máis de 5.000 composteiros individuais (COINs), e sóen Tomiño, nos próximos meses, repartiranse ata 3.000. Éste reparto está previsto en dúas fases, a primeira centralizada nun punto do centro de Tomiño, para veciños que xa tiñan solicitado COIN e que se citarán por teléfono, e, a segunda, nas reunións por parroquias. 

En canto a centros de compostaxe comunitario (CCCs), que se sitúan nos centros urbanos , hai 115 activos na provincia, dos cales 2 están en Tomiño (un no Seixo e outro en Goián). De aquí a final de ano, está previsto ampliar CCCs para dar servizo a tódalas vivendas no Seixo (11) e en Goián (3).

Primer comentario

Deixa a túa opinión