O Alcalde de Nigrán comunica aos veciños a aprobación do cambio de titularidade de Otero Pedrayo que permite ao concello emprender as obras de humanización

A.V. Monteferro cambio de titularidade de Otero Pedrayo Humanización

O Consello da Xunta deu luz verde onte ao cambio de titularidade pedido polo Concello de Nigrán en enero deste ano tras seis anos tratando de que a Xunta asumise as obras ao ser a estrada da súa competencia

O Concello conta xa cun proxecto desde febreiro deste ano que cifra o investimento en 1,5 millóns e que está pendente de diferentes informes sectoriais, unha vez aprobado definitivamente se licitarán as obras 

Nigrán, 31 de xullo de 2020

O alcalde de Nigrán, Juan González, comunicou esta mañá xunto a ‘A.V. Monteferro’ aos veciños da contorna de Otero Pedrayo a aprobación onte por parte do Consello da Xunta do cambio de titularidade desta rúa a favor municipal, o que permitirá ao fin ao Concello emprender obras de humanización en solitario por valor de 1,5 millóns de euros. O goberno local levaba seis anos reclamando á Xunta unha intervención nesta estrada autonómica, que se atopa nun estado calamitoso e conta coas beiravías peor conservadas da provincia, chegando ao punto de pedir no pleno ordinario de xaneiro que directamente fose transferida ao Concello para non depender máis do goberno autonómico (incluso no 2016 a unanimidade da corporación reclamara á Xunta que asumise as obras de xeito inmediato, tamén sen resposta).

“Agora que a estrada pasa a ser municipal ao fin ímos emprender estas obras que son urxentísimas e que durante máis de 6 anos viñemos reclamando á Xunta sen resposta algunha, o intentamos por todos os medios e esta é a única solución. Xa temos un proxecto e que non lles quede ningunha dúbida aos veciños de que é un asunto prioritario e urxente para este Concello”, resume o alcalde, Juan González, quen califica a situación de Otero Pedrayo como “absolutamente calamitosa, cunhas beiravías esnaquizadas, e uns servizos que tanto ambientalmente como estruturalmente supoñen un gran problema para Nigrán”. Compre sinalar que esta estrada vertebra o municipio ao comunicar o núcleo urbano de Nigrán con Panxón e conta con ducias de denuncias por mor da caída de peóns debido ao mal estado xeral.

Precisamente para avanzar prazos, o Concello conta cun proxecto desde febreiro deste ano que cifra o investimento en 1,5 millóns de euros, contía que, definitivamente, asumirá en solitario con cargo ao remanente de tesourería ou mediante crédito, “a única solución pasa, lamentablemente, por asumir sen axuda algunha da Xunta estas obras que, realmente, tiñan que ter feito eles hai xa moitos anos ao ser unha estrada da súa competencia”, incide González. O proxecto, do que xa se foron tramitando os pertinentes permisos, contempla a renovación de toda a pavimentación ampliando as beirarrúas, nova rede de abastecemento e saneamento, iluminación, arbolado, xardinería e mobiliario urbano, asi como nova sinalización. “Será unha reforma integral desta estrada de 1,8 km e que se atopa en estado pésimo”, argumenta González.

“Este é o paso definitivo porque as obras dependerán só de nos, e estamos totalmente comprometidos. Xa temos o proxecto e estamos a esperar os diferentes informes sectoriais para aprobalo definitivamente e abrir o proceso de contratación, con todo, agardamos que a finais de 2021 a nova rúa Otero Pedrayo sexa xa unha realidade”, resume.