Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Coa testa ergueita

O caciquismo é froito da ignorancia allea, desa miseria que se envolve na servil condición de non contradicir, de non ofender, de non plantar cara, de non discrepar para poñer en claro, de non esixir limpeza […]

Cidade Deportiva Celta
A Louriña

Ecoloxistas an Acción denuncia as obras da Cidade Deportiva Do Celta

Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Concello de Mos e a APLU o aparente exceso de edificación das obras da Cidade Deportiva do Celta nos montes comunais de Pereiras. Ademais demandan á APLU que adopte as medidas oportunas para a defensa do interese público, tanto na vía administrativa como, se se estima procedente, denunciando os feitos ante as autoridades competentes -en caso de apreciar algún ilícito penal […]

Comunidade montes A Tameiga A Nova Peneira
A Louriña

Tameiga, constitúese comunidade enerxética

A asemblea da Comunidade de Montes da luz verde ao proxecto de instalación de paneis fotovoltaicos e constituirse en Comunidade Enerxética local. A primeira fase a acometer de forma inmediata é acometer unha instalación fotovoltaica de 25kw para autoconsumo no seu Centro social As Pedriñas […]

Xespi entreveras
Condado

VI Festival de Poesía “ENTREVERBAS”

Os pasados 25 e 26, na parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra, celebrouse a VI edición deste festival de poesía. A existencia, e persistencia no tempo, deste tipo de eventos que pretenden a difusión cultural e defenden o uso das verbas como imprescindible instrumento en calquera interacción humana é unha magnífica nova […]

Ornela Fernández Salgado Voceira do BNG de Vilaboa
Morrazo

Ornela Fernández Salgado Voceira do BNG de Vilaboa

Neste concello produciuse, o pasado mes de agosto, un cambio de alcalde en circunstancias verdadeiramente estrañas. Nos últimos 9 anos semellaba unha localidade cuxa situación política era moi previsible, alcaldía para o PSOE do alcalde Poceiro, e a tenencia de alcaldía para os nacionalistas da brillante Ornela Fernández. A placidez e a atonía política eran a tónica en Vilaboa e non se agardaba ningún tipo de sorpresa que supuxera un cambio. Porén todo mudou tras a dimisión de Poceiro […]

XXI Festival de Títeres e Redondela
Redondela

XXI Festival de Títeres e Redondela

Desde hai dúas décadas, cada ano, cando agroman as flores de abril a sociedade redondelá agarda ilusionada a unha nova edición do seu festival de títeres que adoita celebrarse nos meses de maio ou xuño. Desta volta a situación sanitaria fixo imposible que se desenvolvese nas datas habituais. Porén o entusiasmo, o interese e a vontade inquebrantable dos seus organizadores logrou que a súa maxia seguira asolagando de ilusión aos corazóns da veciñanza de Redondela, e neste mes de setembro, nun formato máis reducido, puidemos gozar dunha nova edición do festival […]

MAICA LARRIBA GARCÍA, Subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra
Entrevistas

MAICA LARRIBA GARCÍA, Subdelegada do goberno na provincia de Pontevedra

A Subdelegada resalta o labor realizada polos corpos e forzas de seguridade durante o Estado de Alarma e especialmente a intervención do exército nos centros de maiores onde, recoñece, enfrontáronse a unha grave problemática de infeccións
Di que “o PSOE é un partido republicano, está na súa historia e nos seus estatutos pero é un partido de goberno e a xefatura de Estado non é o debate prioritario para a cidadanía neste momento” […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

NAIALMA

O universo é tan grande que nos nosos ollos tan só collen dous baldes de auga e unha manchea de área. O resto, que ben sendo moito, segue a expandirse cara horizontes curvados alén das fronteiras do noso coñecemento […]