O vixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana

O vixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Socalcos de lume

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este vixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Nada máis aparcar na praza maior de Socalcos baixamos dos vehículos para fundirnos nun abrazo coa Portela, quen estaba agardando impaciente polo reencontro. O recio Roxo máis ela falábanse atropeladamente a borbotóns. Pasaran varios lustros desde que el sol non iluminara a tantos puxeiros xuntos. Apenas me lembraba da Portela, eu era moi cativa cando o éxodo separou as nosas familias. Tampouco sentía os fortes azos de camadería dos puxeiros mais que polas historias da miña nai. Porén, a emoción embargoume por igual e as bagoas de ledicia afloraron na miña faciana. Volvín sentir a sensación de pertenza a un clan, de membro dunha comunidade. Reafirmada como individuo ante a seguridad de sentirme inclusa e lexítima entre pares. 

Desta non fun eu quen quebrou o momento reclamando atención para o mundano. Refrenei unha gargallada ao lembrar unha chanza de Zafra na cea de onte sobre a insufrible impaciencia da súa nai. 

A Portela estaba apresurada por sentarnos a falar e intercambiar información, pero non o suficente como para non dar un pequeno rodeo e amosarnos as excelencias tecnolóxicas do seu poboado. Os regatos tributos do río que serpenteaba polo val estaban ateigados de azudes para derivar parte do seu caldal ás innumerables acequias que regaban os socalcos, sembrados de soia na súa meirande parte. A nosa “xoia” pronunciaban elas marcando unha x, e a coro recitaban: alimento para o corpo e combustible para maquina. 

Non sempre atendía as interminables disertacións de Zafra sobre as exquisiteces tecnolóxicas da súa xente, pero o asunto do biocombustible captou a miña atención. Ainda que a ver quen lle explicaba a uns arraianos, polos que seguro corre a sangue do xeneral Ludd, que ían ter que sembrar e cosechar para logo darlle de comer a unha maquina en vez de aos seus famentos estomagos. 

Naquel lugar todo estaba colocado con esmero, era imposible atopar un ápice de desleixo. Fascináronme uns enormes cúmulos de terra dun bermello intenso sobre os que caía auga incesantemente que logo era recollida nunhas balsas. Aquela cor tan intensa das terras e dos lodos embalsados rompía coa armonía cromática. 

-Pilas de lixiviación- contestaronme e sen maior miramento continuaron apurando o paso. 

Non parecían tan fachendosas co asunto das pilas. Logo me enteraría da razón e do alto prezo que pagaba a veces a natureza por deixarnos xogar a ser deuses. 

Rematamos ante unha gran abertura na ladeira norte que daba paso a unha gruta de altos teitos adornados de impresionantes estalactitas. O espazo central estaba aberto e conformaba un gran foro onde se entablaban tertulianas disputas sobre os avances científicos que se traían entre mans. Os distintos corrillos non acougaron os seus encarnizados debates coa nosa chegada. Seica a vehemencia era a cruz da súa sabiduría ou acaso sentíanse seguros ante estranos protexidos pola súa hermética jerizonga. O certo é que toda comitiva atravesamos o foro como se foramos invisibles entre tantas hipóteses e teoremas enunciados de viva voz. Nas petreas paredes do fondo daquela transitada agora distinguianse pequenas espeluncas, algunhas agrandadas a pico. Estos soterrados habitáculos servían de dormitorios e así estaban preparados cos necesarios enseres e comodidades. 

Apenas poidemos acomodarnos e descansar uns intres nas espeluncas que nos destinaron. A Portela convocounos a unha reunión e xa eramos coñecedoras do desafortunado que era facela agadar. 

Iniciou a reunión a propia Portela quen nun efusivo discurso, bordeando a arenga, apelou a unidade de todos os pobos para rematar coa quenlla, así chamaba a Arevaléfica. Poñian a nosa disposición toda a súa tecnoloxía e devecían por reunirse e integrarse co pobo arraiano. Todo semellaba que a nosa proposta de alianza fora aceptada e superada sen tan sequera checar a propoñela formalnente. A boa sintonía desbaratouse abruptamente ante su imperiosa pregunta final:

-E logo que Senlúa Arraiana?

Tardei uns intres en entender a que se refería. Uns intres oficiados por un silencio xélido e cortante. Portela daba por descontado a nosa victoria sobre a Colmea e inquiría como ía ser o mundo habitable despois. 

Eu tamén quería sabelo, máis dun mencer alcanzoume desperta barruntando como encaixar as pezas para lograr ese mundo tan anhelado. Como armonizar pobos tan diversos e distintos como a burguesía das menestrales, as comunidades campesiñas, as tribus primitivas do nordeste ou mesmo o noso pobo arraiano, sen esquecernos da necedidade de integrar os supervivintes da Colmea. Non podemos volver a fragmentar o mundo retomando a trinidade estado-pobo-territorio para cadanseu. Tiñamos que facer do mundo habitable un único territorio, unha soa nación de apátridas. Un novo mundo emancipado da segmentación das nacionalidades onde ninguén quede expósito. Non nacemos iguais, é a organización social da que nos dotamos a que desterra a desigualdade e difumina a escura sombra da condición humana. Necesitaremos alomenos compartir unha rudimentaria ética sobre a vida e construir unha mínima estructura de gobernanza común. 

Partillei as miñas inquedanzas como quen pensa en voz alta intentando ordear os seu pensamento sen decatarme de que todo o auditorio estaban pendente das miñas palabras. Portela rachou o silencio que sucedeu ao meu parlamento:

-Digna filla dos teus pais. Pois agora que está todo claro hay que celebralo, demos paso ao banquete.

Se algo caracterizaba aos puxeiros ademais de ser valedores do ben común, era a súa querencia polos festíns en boa compaña. 

Acariciabamos outra noite de agarimosa nostalxia. Nada presaxiaba o desastre que ía acontecer e que mudaría os nosos plans. Estábamos xa adentrados nunha sobremesa aderezada de anécdotas dos felices tempos cando os centinelas deron a voz de alarma. Entre un murmurio de estupor apresurámonos a asomarnos fóra da gruta. Unha ducia de focos de lume delineaban a lontanaza. O vento azotaba neles encabritandoos e conducíaos como un rebaño de alimañas cara nós. A prolongada seca sufrida na zona e a forte calor estival axigantaron a uns monstruos de lapas imposibles de domeñar. 

-Maldita quenlla, a súa man está detrás disto -berrou Zafra cos ollos prendidos de furia. 

Non cabía dúbida, a vaga de lumes era provocada polos cazadores de cimarróns de Arevaléfica. Estes indesexables prendían lume aos bosques onde sospeitaban que se instaurara algún quilombo de disidentes fuxidos. 

En poucas horas o lume cortarianos o paso do leste imposibilitando unha lenta evacuación a pé e non había automóbiles para todos. 

-Escoitádeme -Portela non tardou en reaccionar-. Ti, Zafra, acompaña aos conductores a buscar os vehículos e traelos para cargar neles todo o que poidamos. Malandrea, xunta uns cantos e embotella todo o biocombustible que poidas. O resto conmigo, imos de mudanza. 

Mentres carrexabamos un sin fin de maquinas, artiluxios e cachivaches varios desde os espeluncos da gruta até os camións eu non atopa o momento para preguntarlle como pensaba que íamos fuxir do lume todas as que non cupieramos nos vehículos. 

Non tardamos en enterarnos. Ao fondo da cueva existía un angosto tunel que en sus primeiros metros foi usada como catacumba polos moradores primixenios. Un palenque de palisandro custodiaba a abertura ao camposanto. Atravesamolo como fugitivas e comezamos a baixar os chanzos para adentrandos na vasta escuridade do pasadizo das mouras.