Verónica Pichel. Alcaldesa de Forcarei

Concello de Forcarei

Lamentamos profundamente non poder falar coa alcaldesa deste pobo, ao igual que fixemos cos voceiros da oposición, pois negouse explicitamente a atendernos. Negativa que nos transmitiu o responsable de comunicación do concello. Cando alguén se dedica á política non é obrigada por ninguén, é unha decisión libre e voluntaria, que ao noso modo de ver leva implícita unha actitude respectuosa cos medios de comunicación. Non atender a chamada dun xornal é un detalle moi feo que di moi pouco, desta alcaldesa. Agardemos que só se trate de inexperiencia e que saiba e queira rectificar.

Tino Lago. Director de A Nova Peneira.