Calvario (Lavadores), lugar de memoria

Calvario (Lavadores), lugar de memoria

Cristóbal López Pazo | Asociación viguesa pola memoria histórica do 36

Aquí, no Calvario, daquela Concello de Lavadores, resistieron hai 84 anos, os obreiros e obreiras contra do exercito sublevado contra a República.

A República somente contaba 5 anos de ilusionante vida. Dician que era moi adiantada, que estaba fora do tempo da época, e os intereses militares, economicos e relixiosos non permitiron que medrara. Pero sí que había quen a quería e defendía; eran os/as traballadores/as que querían sacar a España da ruina física, moral e intelectual froito das monarquías borbónicas totalitarias e corruptas.

O pobo que resistiu aquí mesmo e noutos lugares foi un exemplo que non queremos esquecer, e por iso aqui eriximos un monolíto para marcar este lugar de memoria e honrar as caidas e caidos baixo a tiranía da barbarie.

 A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007) ten, entre outros obxetivos: penetrar na sociedade, é dicir: informar,axudar ás persoas que buscan familiares represaliados ou axuda. –señalar os lugares onde se cometeron crimes. –Eliminar os símbolos franquistas apoiándonos na Lei de Memoria 52/2007. 

En Vigo quedan algúns, pero o máis ofensivo e aldraxante é a Cruz do castro, inaugurada o 14 de setembro do 1961 polo sátrapa Francisco Franco para homenaxear a “Caidos por Dios y por la Patria e a División Azul”. Levamos anos reclamando a retirada dese símbolo insultante para as persoas demócratas  e cumplir coa lei. 

Facer MEMORIA, cumplir a lei, informar: sinalar lugares de memoria, pedir a anulación de xuizos sumarios e cumplir coa carta de Dereitos Humans, tamén é traballar para un Vigo máis amable para vivir.

Primer comentario

Deixa a túa opinión