Ernesto Filgueira reclama seguridade na ruta da Freixa, Dorna, antes de abrila ao público

rnesto Filgueira reclama seguridade na ruta da Freixa, Dorna, antes de abrila ao público
Ernesto Filgueira Portavoz BNG Cerdedo e Cotobade

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG queremos parabenizar á veciñanza de Santa María de Sacos por plantexar esta ruta de gran con@do natural, mais debemos reclamar do goberno de Cubela atención urxente diante do estado de abandono na que se atopa actualmente e pedirlle moderación á hora de promocionala ante a inseguridade que presta parte do seu trazado”.

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG, expresa a súa sorpresa pola recente promoción nos medios de comunicación da ruta da Freixa da parroquia de Santa María de Sacos. Isto sería recollido polo portavoz e polo conxunto do grupo nacionalista como unha acción positiva e desexable de non ser pola situación de abandono e de inseguridade na que se atopa boa parte do itinerario. O BNG agardaba unha intervención final que garantizase poder abrila ao público xeral nun estado óptimo de prestacións e seguridade logo dos 40.000€ investidos. Mais non foi así. Ante a recente nota da alcaldía publicada nos medios de comunicación, entre outros recursos, fíxose promoción da ruta da Freixa cando esta presenta serias deficiencias: o itinerairio requiere de limpeza, da eliminación de voluminososrecheo de zahorra compactada nalgúns tramos erosionados pola auga, re-colocación dos postes reposición das cordas de seguridade. Ademáis, esixe da correcta colocación do mobiliario evitando que se atope apoiada nos valos, erguido con axuda doutros elementos ou mesmo retirar aquel mobiliario clavado directamente nos carballos.

Para o BNG é prioritario que a ruta sexa promocionada cando conte con paneis informativos onde se determiñe o espazo de estacionamento, os datos das bondades naturais e das súas caracteríscas xa que é unha ruta de dificultade alta no seu tramo final, ao atoparse no canón do Lérez e presentar máis dun 65% de inclinación. Esta característica que lle aporta valor engadido á ruta da Freixa esixe máis revisiónre-colocación e mellora das anclaxe dos pasos de ferro que forman a escaleira que descende ata case o nivel das augas do río Lérez, ademáis da re-colocación dos postes e cordas que deben axudar ao paso seguro d@s seus usuari@s. Ernesto Filgueira di “que a ruta da Freixa non presta unhas condicións mínimas de seguridade que permitan a promoción da mesma e expresa a súa sorpresa de que o goberno de Jorge Cubela desexe que esa imaxe actual de desleixo sexa a que queira que leven as e os visitantes que se acheguen a Cerdedo-Cotobade, unha imaxe negativa tamén -por extensión- para os pequenos negocios de restauración e os establecementos de turismo rural existentes na contorna”.

Ernesto Filgueira: “O pasado día 6 rexistrei unha solicitude para que o Alcalde convocase Xunta de Portavoces, voltei pedilo no Pleno do xoves e de novo solicítoa a fin de poder trasladarlle -entre outras cues@óns- o parecer do BNG ante a situación desta ruta así como ofrecerlle a nosa disposición para contribuir á súa mellora”.