SALVATERRA, CASTELO, PAZO OU MURALLAS?

Artigo de opinión A Nova Peneira
Antón Lorenzo González Saque
Antón Lorenzo González “Xaque”

No pasado mes de setembro saíu na prensa a nova de que o Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra, se adhería a rede nacional de castelos e pazos de España. Afirmábase: “El Castillo de Doña Urraca constituye uno de los edificios que menos alteraciones arquitectónicas sufrió con el paso de los años”. Cómpre dicir que iso, lamentablemente, non é certo.

A finais do século XIX, foi fotografado unha enorme torre, lado nordeste, a carón da igrexa, que superaba en moito a altura desta, chamábase “El Caballero”. O fotógrafo, Francisco Zagala era o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, fundada por Casto Sampedro. Onde está hoxe esa torre?.

En 1899 foi mercado, todo ou en parte, o recinto amurallado pola familia Candeira, si os que trouxeron a luz eléctrica a Salvaterra en 1929. Nas primeiras décadas do século XX, construíron unha casa enriba do que debeu ser un castelo medieval na esquina sur leste, aínda se aprecian as bases do mesmo. Onde está hoxe o castelo?

Que lle pasou a garita do lado noroeste?. Antes era cadrada, agora é circular. Hai fotos.

Como é que se partiu o medio a mellor lápida sepulcral que existe en todo o Concello? . Que método arqueolóxico se empregou?

Que sucede cós escudos e coa inscrición da parte sur da capela da Oliveira?. Por qué non se repoñen?. É moi doado, está documentado nos libros de historia.

Que pasou coas casas de orixe militar no interior do recinto amurallado?. Tíranas e, si ninguén o remedia, continuarán tirándoas.

Para rematar, lean o que di o Consello Superior de Investigacións Científicas: “La Plaza Fuerte de Salvaterra está actualmente muy modificada, alterada y reconstruida con respecto a los planos originales del Fuerte”, “una tendencia que se viene detectando en los últimos años, … es vaciar arquitectónicamente la Plaza Fuerte”, “…consideramos… que eliminar estas construcciones es vaciar de contenido histórico y arquitectónico la propia plaza…”.

(CSIC. Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio, páx. 36. R. Blanco-Rotea, Santiago, 2013.)

Que ninguén me mal interprete, só pretendo facer unha crítica construtiva.

Antón Lorenzo González “Xaque”.

Salvaterra de Miño