Os cheiros de Rande

Os cheiros de Rande

Calquera viaxeiro que pase pola zona de Cabanas notará un cheiro moi desagradable. Esta situación dáse desde hai moitos anos, pero nos últimos tempos semella que a intensidade do cheiro é maior, e ás veces resulta pouco menos que pestilente. Nós falamos con Venancio, un veciño da zona que nos comenta que os malos olores proceden dunha factoría alí instalada que se dedica ao procesamento de peixe.

VENANCIO COSTOYA, VECIÑO DE CABANAS.

A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL, TANTO ESTA DE DIGNA RIVAS COMO A ANTERIOR DE JAVIER BAS NIN FIXERON NIN FAN NADA PARA REMATAR COS CHEIROS NA NOSA PARROQUIA”

Venancio, de onde es?

De San Vicente de Trasmañó, barrio de Cabanas, Redondela.

Na túa parroquia tedes unha problemática moi concreta, explícanola, por favor?

O problema é a fábrica de fariña de peixe, Aucosa, que está preto de Pescanova. Esta fabrica leva corenta anos facendo dano na nosa parroquia.

Por que?

Porque fai vertidos á ría case a diario, produce moi malos cheiros, e agora, aínda por riba, están montando unha planta de gas licuado sen avisar aos veciños. E aí está.

E esa potenciación dos cheiros e debido a esa planta de gas?

Non. É debido aos restos de peixe que amontoan.

Aquí sempre houbo certo cheiro, pero eu creo que como o de agora nunca, non?

Agora fixeron a ampliación para producir máis, levan moito tempo facendo unha reforma ilegal. O resto de peixe amontóanse e por iso o mal cheiro. Por outra banda, a produción de fariña manda partículas ao aire producindo malos cheiros e isto tamén axuda.

O cheiro é permanente?

Bastante permanente.

E de que maneira tedes protestado os veciños?

Protestamos porque fan o que lle da a gana. Fan a ampliación sen permisos e construíndo en zona marítimo-terrestre que está prohibido. Hai outras casas polos arredores e Costas está avisando que as teñen que derrubar, a estes da fábrica aínda non lles dixeron nada. A planta de gas, sen permisos tamén.

A pulsión xeral da parroquia é de insatisfacción?

Aquí hai de todo, hai quen está a favor e en contra.

E pedistes algunha reunión cos dirixentes da factoría?

O director da factoría, Roberto Casas, foi o que veu é a convencernos e a tratar de que deixemos pasar a cousa, enganándonos con que van sacar os malos cheiros… Non lle podemos crer nada. Tiveron varias reunións con nós a través do concello

E que vos manifestou Roberto Casas nesas xuntanzas?

Que ían desaparecer os cheiros e que ían deixar de facer vertidos desa maneira ao mar. Que están aquí porque teñen todos os permisos e todo en regra. Pero sabemos que no teñen os permisos para a ampliación e gracias a nós, o concello paralizoulle as obras.

Canto tempo hai que lle paralizaron as obras?

Exactamente non estou seguro pero coido que sobre marzo deste ano, máis ou menos.

E están cumprindo co que vós dixeron nas reunións?

Non, para nada. De feito xa lle fixemos un contencioso administrativo na Xunta, chegamos ata o tribunal supremo e ganámoslle, pero nos somos traballadores, eles empresarios con cartos, recorreron esta sentenza e nós non puidemos acudir por falta de liquidez, así que volveron darlle a autorización medioambiental.

Vaia, e o concello que vós di?

Nada, nin esta corporación municipal nin a anterior.

Nin Javier Bas nin Digna Rivas? A decepción é grande entón?

Ningún dos dous. A Decepción é tremenda.

E que previsión tedes, non se ve moitas vías de solución?

Non, ningunha. Non temos posibilidade económica para poder litigar coa empresa e a administración non fai nada.