Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Deserto

As noites no deserto adoitan ser frías e silenciosas, é coma pasar do verán ó inverno en cuestión de horas, todos os días, cada día, así dende que as mareas comezaran a baixar acubilladas entre as sombras hai máis de sete millóns de anos. […]

Montes da Tameiga A Nova Peneira
A Louriña

As comunidades de traídas de aguas afectadas polo proxecto do centro comercial e a Comunidade de Montes de Tameiga, esixen a Nidia Arévalo que pida desculpas polo que eles cualifican como mentiras

As Comunidades de Traídas de Augas afectadas polo Macro Proxecto Comercial e a Comunidade de Montes de Tameiga, que representan a máis de 2.000 familias en Mos, esixen a Nidia Arévalo que pida desculpas polas súas mentiras, por todas as falsas acusación vertidas contra ellos pola dirixente do Partido Popular […]

O histórico artista Xoán Piñeiro terá unha rúa co seu nome en Goián
Baixo Miño

O histórico artista Xoán Piñeiro terá unha rúa co seu nome en Goián

A proposta, realizada pola Fundación Xoán Piñeiro, aprobouse no pleno municipal e procura servir como homenaxe ao se cumpliren 100 anos do nacemento do artista

Tomiño, 13 de novembro de 2020.- O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.

A proposta foi levada ao pleno municipal celebrado este xoves, resultando aprobada co apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. O pleno celebrouse a porta pechada co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.

Xoán Piñeiro naceu en Nerga (Cangas) en 1920, mais pasou boa parte da súa vida en Goián, lugar que escolleu para instalar o seu estudo e onde o propio artista descansa. Formouse en Madrid, de onde volta en 1962 para instalarse primeiro en Vigo, onde comeza a traballar dentro das murallas do Castro. Dous anos despois trasládase definitivamente a Goián montando alí o seu obradoiro.

A pesar de que a pretensión do artista era o aillamento, o obradoiro de Piñeiro converteuse nun punto de encontro para moitos persoeiros vencellados co mundo da cultura, tales como Eliseo Alonso, Xavier Pousa, Antonio Fernández, ou artistas como Picallo, Antúnez ou Silverio Rivas, así como multitude de aprendices que querían coñecer de preto o oficio da escultura.

Piñeiro conseguiu poñer en marcha unha técnica de fundición inexistente ata o momento en Galicia, baseada na fundición en bronce á cera perdida, polo que pode decirse que é a partir dos anos 70 cando comeza a realizar gran parte da súa obra neste material, converténdose nun auténtico referente escultórico neste eido.

En 1991, unha das súas fillas, Cuqui Piñeiro, reconverte o obradoiro do artista nunha empresa de fundición profesional, perpetuando e ampliando e legado e o espíritu do escultor, con obra en tódalas cidades galegas e con encargos en toda a península. […]

Artigos de opinión

Artigo de opinión

Hai organizacións políticas que eleccións tras eleccións utilizan as mesmas mensaxes como solución para todos os males dun concello. No caso do BNG son as “políticas transformadoras”, que aparte de ser un eslogan terían que estar chea de contido e feitos. […]

Gustavo García
Artigos de opinión

En lembranza de Gustavo García

O recente pasamento do avogado vigués Gustavo García Fernández na lonxana illa canaria de Fuerteventura, fai imprescindible lembrar o moito que lle debemos tanto as asociacións como o activismo social que traballa no campo da Memoria Histórica, na loita contra a impunidade dos crimes do franquismo e na demanda da necesidade de xulgar aos asasinos e torturadores da ditadura […]

Artigo de opinión A Nova Peneira
Artigos de opinión

Aparcadoiro de A Ramallosa: reapertura ou rescate da concesión

Xa durante o anterior mandato municipal, a empresa concesionaria do aparcamento público soterrado de A Ramallosa demandou ao concello o restablecemento do equilibrio económico da concesión, alegando a rotura do mesmo en base a unha serie de peregrinas consideracións como a crise económica, a competencia desleal de algún outro estacionamento que prestaba os seus servizos de maneira irregular, ou, sorprendédevos, a existencia de prazas de aparcamento en superficie […]