O vixésimo sétimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana

O vixésimo sétimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana
Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

No limiar da inconsciencia

Este vixésimo sétimo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Segundo os informadores infiltrados na metropole da Colmea, a poboación de Vilanía estaba sendo gravemente dezmada pola pandemia. Arevaléfica ordenara acuartelar o seu exército deixando desamparada a unha poboación exposta a disentería e vítima da súa invectiva contra Prusiana. Os súbditos de Arevaléfica seguían crendo a patraña artellada por ela e non bebían auga dos manacias pensando que estaban envelenados polos rebeldes e que está era a causa da enfermidade que os asolaba. O ruído de sables comezara a tronar nos cuarteis da Colmea, os mandos militares acuartelados esixían a Arevaléfica vinganza polas penurias que estaban sufrindo as súas familias na capital. Cada vez cobraba máis forza o rumor de que Arevaléfica preparaba un ataque para reconquistar Anatolia. Para ter algunha posibilidade de éxito tendría que mobilizar todos os seus efectivos e deixar desguarnecida a capital. Seguramente Arevaléfica non quería perder a ventaxa táctica de ter o seu exército pertrechado nas fortalezas de Vilanía sendo os rebeldes os expostos alén das murallas. Pero a súa mentira virárase contra ela véndose forzada a emprender unha temeraria acción para calmar a ansía de revancha que escalaba polo escalafón xerarquico do seu exército. 

Baixo estas premisas Prusiana argullera a súa osada manobra. Os arraianos, os puxeiros do Roxo e Portela máis a súa comunidade científica atoparíamonos nun sector accidentado e agreste ao oeste de Vilania. Ao socaire, nesta zona abrupta e deserta chamada Terrabruta, agardaríamos a que a Colmea mobilizara o seu exército para entrar en Vilanía e asaltar o palacio fortaleza de Arevaléfica. Capturandoa defenestraríamos dun golpe todo o seu imperio de terror. Unha operación rápida e quirúrxica para descabezar ao exército da Colmea. Estabamos seguras de que faltos da autoridade suprema o enemigo entregaría as armas se ofrecíamos unha aministía xeral. 

Un plan arriscado que fora do papel só se sostiña no limiar da inconsciencia. 

Agardaba que os arraianos recorreran a mesma ruta que fixemos nós e sairlles ao encontro ao noroeste de Anatolia o que nos acortaría logo a distancia que tendríamos que salvar para chegar a Terrabrupta. Máis complicado o tiñan en principio, o grupo de Portela e O Roxo, xa que terían que dar un longo rodeo evitando Vilanía polo norte. 

Canto máis avanzabamos menos transitable era o camiño. Moitas veces perdíamos unhas horas preciosas buscando un vado para o vehículo cando nos atopabamos con algún regato infranqueable. Ante a dificultade do traxecto conducía sempre Xumi e Gataparda máis eu íamos pendentes de ditinguir algunha sinal no terreo do paso do noso pobo. 

Os días sucedíanse e comezaba a cundir o desánimo entre nòs. Á primeira dificultade parecía tambalearse todo o plan de Prusiana. O pobo arraiano semellaba engullido pola terra. Onde estaban metidos? Temos unha cita coa historia e optan por la incomparecencia? Algo ocurría que se nos escapaba, o meu pobo nunca desdeñaría  seu destino. Decidíramos rematar a xornada e acampar nunha pequena carballeira cando Gataparda coa voz entrecortada apremioounos a dirixirnos cara un desampado situado preto de onde estabamos. Xumi máis eu cruzamos unha mirada extrañados xa que non apreciábamos nada fora do normal, pero cediomos ante os ostentosos aspavientos da miña amiga enfatizando a premura por achegarnos ao lugar sinalado. Non había dúbida, non eran necesarias dotes detectivescas para decatarse que naquela explanada acampara un grupo numeroso.

-Pernoctaron aquí unha noite hai máis dunha semana – enunciou Gataparda con abraiante seguridade, como se o dito estivera grabado en pedra diante das nosas facianas. 

Agora si eran necesarias esas dotes para seguir as indagacións de Gataparda. Non era o meu forte, así que permanecín calada asentindo antes que correr o risco de descubrir “flogistos” por doquier ante a mirada reprobadora de Gataparda. A miña compañeira desplazábase dun lado para outro xesticulando coma nun ballet cuxa música só era audible para ela. Non quedou brizna de herba sen ser examinada minuciosamente. 

-Son eles, van dirección sudeste, mañá podremos alcanzalos á noitiña -Si, por fin boas novas.  Ao voltar ao vehículo adianteime, accionei a cremona para abrir a porta e fixen unha exacerbada genuflexión para dar entrada á nosa portento das pescudas. Impelidos polo anhelo do reecontro proseguimos unhas horas máis até que o sol languideceu por completo. Acampamos, pero o noso entusiasmo non atopaba acougo dentro da tenda de campaña. A propia Gataparda, sempre tan circunspecta, amosábase claramente sobreexcitada. Antes da raiar o alba xa estabamos recollendo o campamento e impacientes agardamos no automobil que o mencer se desperezara e nos alumbrara o camiño. 

Non foi difícil seguirlle a pista so noso pobo, o rastro do paso de milleiros era como un anuncio de neón para Gataparta. Ademais en todo momento mantíanse en dirección sur-sudeste. Nembargantes, avanzada a tarde, perdimos a pista. O rastro se adentraba entre un angosto desfiladero entre dous cerros sen continuidade despois do abrupto relevo. Non podíamos acceder co automobil. Internáramonos uns centos de metros cando chegamos a un ensanche da garganta antesala dun pequeno paradiso. Desde onde estábamos contemplamos pasmados aquel asombroso oasis. Con rigor xeométrico o centro daquel pequeno val estaba ocupado por un lago de caprichosas formas circundado por unha pradería de flores de cores tan variadas como chamativas. Non tardou en chegar aos nosos oídos o bullicio da nosa xentiña chapuzándose naquela quietude azulada ou retozando pola campiña. Mentres nos achegábamos a eles quedeime abraiada da inmensa variedade de frutais que balizaban o camiño. Estaban tan enfrascados en desfrutar da exuberante natureza que tardaron en darse conta da nosa presenza. Pronto correu a voz e fumos acollidas con estrepitoso alborozo. Formouse un corro ao redor nosa que non me facilitaba satisfacer a imperiosa necesidade de atopar a miña nai. Alá viña, abríndose paso entre a xente, mentres se achegaba decateime do avellentada que estaba, cantas arrugas entretecían aquela faciana. 

Un breve hiato de tempo separadas e que infinidade de cousas por contar. Non sabía por onde empezar así que optei por escoitar. A miña nai, interrumpida sempre por algunha puntillosa voz cada vez que pretendía soslaiar algún episodio, foi poñendome ao corrente do sucedido na miña ausencia. A travesía a través de Mortefría fora accidentada e penosa. O interior de Mortefría era máis xélido e xermo ao permanecer agora este vasto territorio agochado ao abrasador sol de xeito estacionario pola situación de sincronía alcanzada entre a rotación e transalación da Terra. Ninguén quedou atrás no camiño pero a viaxe prolongouse moitos máis días do agardado. Levaban unha semana descansando naquel edén. Atopárano de casualidade ao buscar refuxio na estreita garganta para pasala noite ao socaire do inclemente vento que azotaba ese día. 

-Necesitaban recuperar forzas xustificou así a semana transcurrida nun indolente sedentarismo. 

Unha semana alí, sete días seguidos desentendéndose do mundo. Unha semana! E eu deseperada buscando. Non os tragara a terra por accidente senón por propia volición. Onde estaba o meu bizarre pobo, onde o seu caracter aguerrido forxado no inclemente nomadismo. Os arraianos caerán na máis profunda anomia social naquel exuberante e arcano paradiso. Despois de lustros de rigurosa carestía na Raia do oeste, atoparse de súpeto coa abundancia daquel lugar fixera añicos a súa indosincracia. Volvérase un pobo disoluto e indolente, case borbónico? 

A miña nai agardou a que a xente se dispersara para preparar o ágape de benvida para falar conmigo en privado: 

-Sei que ves buscarnos para levarnos á guerra. Sei que así ten que ser, pero hoxe non digas nada na cea. Cóntanos anécdotas das aventuras destos días, deixa que te recoñezan de novo como referente da comunidade. Cóntanos esa historia tan graciosa de que eres a escollida polas constelacións para liderar o novo mundo. Cóntanos o que queiras, pero, por, favor nada de arengas guerreras. Mañá xa faremos sonar os tambores de guerra – a miña nai soltou un suspiro e apretoume a man antes de continuar-. Como agora queras convencelos axiña, as mesmas consignas coas que antes lograbas enardecelos farán hoxe que te desnuques co dintel da fenestra de Overton.