Ponteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria para os campamentos nesta situación de pandemia

Ponteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria para os campamentos nesta situación de pandemia

O alcalde asina xunto á presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui un convenio por 6.000€

Ponteareas, 25 de novembro de 2020

O goberno de Ponteareas representado polo Alcalde Xosé Represas mantivo hoxe un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver o programa de “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis”e así poder cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes…. etc e almorzo nas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis.

O goberno e a asociación asinaron un convenio por valor total de 6.000€ que permite a axuda no financiamento para procedementos de prevención da COVID-19 e evitar un maior deterioro na situación humanitaria; especialmente, porque a taxa de anemia entre as mulleres, embarazadas e nais lactantes aumentou até superar o 73%, como a porcentaxe de malnutrición entre as persoas menores de 5 anos, que se aproxima ao 25%.

A situación de emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19, que estamos vivindo na actualidade, fixo que o convenio que se viña asinando en anos anteriores para poder financiar os traslados do Programa de Vacacións en Paz, que tivo que ser suspendido, tivera que adaptarse á pandemia. “Este ano colaboramos cubrindoas necesidades urxentes nos sectores básicos (auga e hixiene, saúde, nutrición…..) para os refuxiados saharahuis, que se viu incrementada por mor do Covid-19”.

Deste xeito, o Concello de Ponteareas reafirma o seu compromiso coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e agradece a labor que ven desenvolvendo para tratar de mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauis, como da poboación residente no Sáhara Occidental ocupada por Marrocos.