O vixésimo noveno fragmento do diario chorar de Senlúa Arraiana:

O vixésimo noveno fragmento do diario Llorar de Senlúa Arraiana

Sobre o plan en tempo e forma

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este vixésimo noveno fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

Achegamonos aos Pináculos de Obliter polo suroeste dando un pequeno rodeo para manternos agochados ao socaire das miradas dos aparceros que traballaban os predios no extrarradio de Vilania. Desde os Pináculos non se apreciaba a capital pero si os labrantios, as casas labriegas e as veredas que sepenteaban trazando os deslindes e converxían na lontananza onde o mal se encarnaba trás un sorriso albeado. 

Saironnos ao paso varios camaradas  do grupo de Puxeiros O Roxo para guiarnos até o campamento onde estaban acantonados. Eran vellos coñecidos para a maioria dos arraianos e con eles comezamos unha longa ceremonia de saudos efusivos e sonoras celebracións até ben entrada a noite, amenizada polo preceptivo ágape de reencuentro. Se o nome do meu pai foi o máis mencionado nas conversas rememorando os tempos antes do éxodo, foi a miña nai a que botaron en falta. A súa ausencia estaba tan presente que mesmo Portela emperrouse en deixar unha cadeira baleira no seu honor cando nos sentimos a cear. Aínda hoxe non sei como se as apañou para atopar unha cadeira. No seu grupo de magos da tecnoloxía todo era posible por moi pouco probable que parecera. 

Durante a cea, as fillas de Portela, Malandrea e Zafra, que dirixían as operacións de exploración e observación, puxeronnos ao tanto das últimas novidades. As huestes de Arevaléfica marchaban cara a Anatolia e, tal como augurara Prusiana, deixando un exiguo retén na capital. Arevaléfica aceptara o envite de Prusiana respondendo cun órdago. Estamos sobre o plan, en tempo e forma. Só restaba que voltaran as patrullas de exploración confírmándonos que Arevaléfica permanecía en Vilania, deixando, como acostumaba, as entretelas da guerra en mans dos seus fugaces xenerais. O asalto e toma da fortaleza principal de Vilania era a base do plan para conquistar a capital, pero sen a captura de Arevaléfica o seu exército continuaría con ela ao fronte e non se desmoronaría como agardabámos. Con ou sen a captura de Arevaléfica, desposeer á Colmea da capital, a única cidade que conservaban, asestaba un golpe mortal ao enemigo, pero se ela non era apresada e dirixía as súas tropas contra Anatolia, podría pór en serios apuros ao exército rebelde. Todas eramos coñecedoras da situación e a tensión causada pola incertidumbre se prolonagaría até ben entrada a madrugada cando retornaran as patrullas exploradoras.

As caprichosas acumulacións de pináculos favorecían pequenos espazos de acubillo onde pernoctar. Despois de cear fumos espallándonos en pequenos grupos e recolléndonos nas espeluncas. As puxeiriñas, Zafra, Gataparda, Malandrea máis eu, encamiñámonos cara os pináculos máis orientais, ao posto máis avanzado, para agardar polos exploradores.

Camiñábamos ensimismadas na nosa conversa sobre os entresixos da batalla que se aveciñaba cando Gataparda fíxonos aspaventos para que gardaramos silencio e nos permaneceramos quedas. Con pasos rápidos e decididos Gataparda desapareceu detrás duns matorrais que xalonaban un recoveco entre pináculos. Antes de que poideramos reaccionar Gataparda asomaba con dúas rapazas collidas polo antebrazo. Xa non me cabe dúbida algunha de que no ADN da miña amiga corre máis dun xen felino. 

Tardamos en acadar que se calmaran e cesaran de falar a borbotóns atrapállandose entre ambas. Eran fillas dos aparceiros das inmediacións agochadas nos pináculos. A maioría das familias aparceras tiñan un enfrentamento larvado contra a Colmea. Vivían extramuros da capital nas casas labriegas traballando os labrantíos parcelados e aillados do ilotismo imperante muros adentro. Eran imprescindibles para alimentar á poboación de Vilania, esta circunstancia era un paraguas contra a ira de Arevaléfica. A aparcería inicial era unha medianería, un réxime estabrecido cando o meu pai estaba ao fronte da reconstrucción social. Lonxe quedaban os tempos dese equilibrio no reparto dos froitos das colleitas, a Colmea foi incrementado a parte requisada quedándose coa parte do león e deixando as familias aparceiras apenas o imprescindible para subsistir. Esta opresión tivo consecuencias na producción e as colleitas menguaron ante a falta de coidados. A resposta de Arevaléfica foi secuestrar aos fillos menores das familias granxeiras, todos os rapaces que aínda non podían axudar nas labores foron apresado e recluidos na fortaleza principal de Vilania onde residía Arevaléfica. A drástica medida tivo efectos inmediatos, un considerable aumento das colleitas e unha xenreira común dos aparceiros contra a Colmea. 

Falamos coas dúas rapazas para saber cantas máis estaban agochadas nos pináculos fora do alcance das garras de Arevaléfica. Queriamos atopalas, reunilas e propoñerlles que mediaran para unha reunión segreda cos seus pais. Iamos ofrecerlles unha alianza contra o enemigo común. Si se decantaba esta coalescencia revertiriamos a desventaxa táctica de descoñecer o rueiro de Vilania e a disposición das dependencias dentro da fortaleza que teníamos que asaltar para apresar a Arevaléfica. Se ademais se sumaban como forzas de asalto ía ser difícil que a victoria se nos escapara. A reunión debería ser coas rapazas presentes e no poder dos seus pais, era arriscado, pero non queriamos que nos viran como o reverso de Arevaléfica e que as súas fillas foran agora os nosos reféns para obligarlles a axudarnos. Non todo o que beneficia ao pobo arraiano era de por si moralmente xusto. 

Tardamos varias horas en atopar o restos dos rapaces agochados, eran varias ducias e todos temerosas en darse a coñecer. Partimos con eles cara os predios coa boa nova dos retornados exploradores. Arevaléfica quedara en Vilania e non encabezaba o seu exército para asediar Anatolia. 

Todo ía segundo o plan en tempo e forma. Se contabamos coa colaboración dos aparceiros poderiamos realizar unha operación limpa sen ter que entrar en Vilania disparándolle a todo semoviente que atoparamos no camiño. 

Mentres baixabamos dos Pináculo de Obliter hacia os labrantíos viñeronme unhas palabras que escoitara a miña nai en máis dunha ocasión. Jalea jacta est.