Solicitan a inclusión do Complexo húmido Brañas de Valadares en Outes no Inventario de Humidais da Xunta de Galicia

  • Entidades ecoloxistas instan á Consellería de Medio Ambiente a inclusión do Complexo húmido Brañas de Valadares, no municipio de Outes (A Coruña), no Inventario de Humidais da Xunta de Galicia. As organizacións ecoloxistas demanda así evitar a instalación de proxectos eólicos sobre estes ecosistemas que poden alterar os recursos hídricos de maneira substancial.
  •  Entidades ecoloxistas tamén solicitan á Xunta de Galicia e á EGA, Asociación Eólica de Galicia, máis conciencia ambiental e eviten a implantación de parques eólicos sobre os humidais de Galicia.
  • As organizacións asinantes  sinalan que o proxecto eólico de Maragouto de Green Capital Power aséntase directamente no gran Complexo Húmido das Brañas de Valadares. Lembran que o mesmo ocorre con outros proxectos eólicos que se prevén implantar sobre humidais protexidos pola normativa galega e internacional.

Sinalan que desde un punto de vista hidrógráfico, a zona de afección do parque eólico Maragouto esténdese integramente na conca do Río Beba, pertencente á conca do Río Xallas. O parque proxectado aséntase directamente enriba dunha Braña, un humidal con hábitats prioritarios e regado por multitude de cauces e fonte.

As organizacións ecoloxistas aseguran que á Xunta de Galicia xa lle consta a solicitude da inclusión do Complexo húmido Brañas de Valadares no Inventario de Humidais de Galicia. Na solicitude detállase que o Complexo húmido Brañas de Valadares, no municipio de Outes, engloba un gran humidal formado polos Prados da Braña/ Prados Novo e Brañas de Mirás, Monte Penedo, Brañas Prado de Abaixo, Pedra das Cuncas, Brañas Corno do Cervo, Brañas de Marsillán, Braña Longa, Pedra do Mouro, Brañas de Penedo Mosqueiro e Brañón. 

No comunicado conxunto, estas entidades ecoloxistas, sinalan que o caso do Maragouto non é único en Galicia, xa que sugundo denuncian o campo eólico proxectado na serra de San Mamede en Ourense acarrearía unha agresión ambiental semellante. Dito campo eólico, que abrangue até 18 concellos do Macizo Central Ourensán, en plena Rede Natura, proxéctase sobre as brañas que dan orixe a gran parte da hidrografía da provincia. Recalcan que proxectar unha obra de tal envergadura no nacimento dos ríos Limia, Arnoia e Támega, non só é un atentado ecolóxico, senon tamén unha imprudencia temeraria no actual contexto de cambio climático global e estres hídrico dos ecosistemas como consecuencia do mesmo.  

Desde o ecoloxismo lembran que os humidais son as arterias e as veas da paisaxe. Aínda que só cobren unha pequena porcentaxe da superficie da Terra, son fonte de saúde e riqueza. Achégannos auga doce, garanten a subministración de alimentos e axudan a manter a biodiversidade do planeta. Tamén nos protexen fronte ao cambio climático. A pesar da súa importancia, a Convención de Ramsar denuncia que durante o último século desapareceron o 64 % dos humidais do planeta. 

Esta situación vense agravada, sinalan, polo  desenvolvemento desordenado de infraestruturas eólicas en Galicia sobre os humidais das brañas que queda patente cos últimos proxectos eólicos sometidos a información pública.  Ademais dos dous sinalados, Maragouto e San Mamede, tamén aséntanse nos nacementos de ríos, cauces e sobre turbeiras ou humidais o proxecto eólioco O Cerqueiral, o proxecto eólico das Salgueiras, o proxecto eólico Uxo e o proxecto eólico Coto das Airas. 

Os humidais das brañas conteñen diversas especies de interés prioritario e amparadas pola protección reforzada da Directiva de Hábitats polo que os proxecto industriais deberan ser rexeitado pola súa incompatiblidade coa prevalencia dos valores ambientais que establece a Unión Europea. 

A importancia dos humidais:

  1. LIMPAN A AUGA. Os humidais actúan como unha depuradora de augas residuais, filtrando refugallos nocivos para as persoas e o medio ambiente. Os sedimentos, as plantas e as especies mariñas absorben algúns dos contaminantes procedentes dos pesticidas, a industria e a minería, incluíndo metais pesados e toxinas.
  2. CONTROL DE INUNDACIÓNS. Os humidais son amortiguadores da natureza. As turberas e os pasteiros húmidos nas concas fluviais actúan como esponxas naturais, absorbendo as precipitacións, creando amplas charcas de superficie e reducindo as crecidas dos arroios e ríos. Esa mesma capacidade de almacenamento tamén protexe contra a seca. 
  3. SUMIDOIROS DE CO2. As turbeiras cobren aproximadamente o 3 % da superficie terrestre do planeta pero conteñen o 30 % de todo o carbono almacenado na terra. Isto constitúe o dobre da cantidade almacenada nos bosques de todo o mundo. Agora ben, cando se queiman ou se drenan para a agricultura, pasan de ser sumidoiros de carbono a fontes de carbono. As emisións de CO2 derivadas dos incendios, a drenaxe e a explotación das turberas equivalen ao 10 % de todas as emisións anuais de combustibles fósiles. 
  4. MANTEÑEN A BIODIVERSIDADE. Os humidais albergan máis de 100.000 especies coñecidas de auga doce, e esta cifra aumenta continuamente. Normativa de aplicación • Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e créase o Inventario de humidais de Galicia • Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Artigo 26. Zona húmida protexida O Inventario de zonas húmidas de Galicia creado polo Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico das zonas húmidas protexidas e se crea o Inventario de zonas húmidas de Galicia, incorporará todos os espazos naturais protexidos declarados nesta categoría. 

Organizacións ecoloxistas e culturais asinantes: 

  • Asociación ambiental Petón do Lobo
  • Asociación galega Cova Crea 
  • Asociación O “Ouriol” do Anllóns 
  • Plataforma Monte das Salgueiras 
  • Veciñanza do Cerqueiral
  • Asociación Quijote de Outes
  • Ecoloxistas en Acción

Primer comentario

Deixa a túa opinión