Fraga si, Bildu non

Gustavo Barcia BNG Mos
Gustavo Barcia Seijo

Un dos exercicios fundamentais dentro da filosofía é a reflexión, isto implica analizarsosegadamente a realidade para sacar conclusións. Por iso non é de estrañar que o mundo da malapolítica e os malos medios de comunicación traten de comunicar de forma apresurada e cambiandoconstantemente de tema para precisamente evitar a reflexión e en definitiva que pensemos. Poisreflexionemos e pensemos.Agora que xa pasou un tempo, e xa non é tema de batalla política, falemos dun dos asuntosque mais polémica xerou da aprobación dos Orzamentos do Estado como foi o apoio a estes porparte de Bildu.Segundo os detractores dese apoio, principalmente PP, Vox e Ciudadanos inda que taménalgún dirixente socialista, non se pode pactar ou chegar a acordos con Bildu porque é unhaorganización relacionada co entorno de ETA e por ese motivo, inda que sexa unha organizaciónlegal e que rexeite a violencia, non son aptos para pactar ou dialogar con eles. Esta argumentación tan débil como pueril repetiuse ata a saciedade, pero que se a levamosao extremo sería un absurdo. Por exemplo o sistema penitenciario español baseado teoricamente naconstitución española do 76 consagra a reinserción avogando porque calquera persoa que cometa undelito recibe un castigo pero ao mesmo tempo dándolle a oportunidade emendarse e de poder volvera sociedade con plenos dereitos. Se seguimos a argumentación de PP, Vox e Ciudadanos calquerapersoa que cometa un erro poderá existir pero polo seu pasado non poderá participar en ningúnasunto da sociedade. Xulgar a todo o mundo polo que foi e defendeu, acertada ou equivocadamente,e non polo que é e defende neste momento impediría cambiar de criterio e emendar erros que sepoidan cometer impedindo de facto calquera evolución persoal ou política. Pero non necesitamos poñer exemplos exóticos nin levados ao extremo para sinalar ahipocrisía e cinismo do PP, Vox e Ciudadanos. O caso mais evidente é un dos fundadores do PartidoPopular Manuel Fraga Iribarne, este señor participou e foi cómplice como ministro dunha ditaduraxenocida e fascista que asasinaba a aqueles que non se alienaran con seus postulados liberticidas.Cando se transitou da ditadura á democracia Fraga non só participou da elaboración da actualconstitución española se non que foi politicamente moi activo postulándose a presidente do gobernoe chegando a ser presidente da Xunta de Galiza durante 15 anos. Pois ben, se seguimos coargumentario que o PP lle aplica a Bildu, Fraga e por extensión o propio Partido Popular debería serrepudiado porque foi fundado por xente que participou directamente do terrorismo de estado como éunha ditadura, pola contra para eles Fraga foi un home de estado que soubo transitar de ser unministro dunha ditadura asasina a participar da democracia, de feito foi presidente de honra doPartido Popular, e estes eloxios que o Partido Popular tan agarimosamente lle outorga a Fraganégallos a Bildu.O cinismo da dereita é tal que para eles Fraga si vale porque comparte ideario político peroBildu non porque non o comparten, é así de simple e retorcido. Deberían saber que a grandeza dunha verdadeira democracia non só é o respecto polas ideasde todo o mundo se non que tamén é acoller a aqueles que nalgún momento a quixeron destruír.Fraga loitou contra a democracia e as liberdades e cando deixou ese camiño foi benvido ademocracia. Se se é un verdadeiro demócrata iso que vale para Fraga vale para todos os demais.Pero por desgracia a dereita do estado español non é demócrata.