A Illa de Ons no meu corazón

A Illa de Ons no meu corazón
Álvaro Dasilva

Todos somos de onde nacemos pero polo camiño topámonos un lugar onde nos sentimos identificados “Ons no meu corazón” como o libro de Xulio Santos Pena, esa illa chamada Ons cruzouse no meu camiño e no meu corazón. Ons máis ca unha illa e un “sentimento”, iso din os insulares e concordo totalmente con eles.

Son veciño e natural de Mos, e o meu vinculo coa illa, nace da desconexión dun mundo que en ocasións quere ir moi axiña e non se para a gozar da calma, do silencio, do momento, do entorno e do que nos agasalla a natureza, e todo iso ofrécecho “Ons”.As súas sendas que rodean a illa lévante a un mundo máxico no que terás que pararte obrigatoriamente en lugares tan emblemáticos como o seu Faro, un dos máis grandes de España, sorprenderte co encanto do burato do inferno, unha rachar vertical a modo de pozo que conecta co mar, cargado de lendas, contan que en días de temporal óense gritos de almas que as levou o mesmo diaño. Cerca encontrase unha gran cruz branca que recorda a unha gardamariña que esvarou e caeu no seu interior e se nos asomamos ao pozo o vertixe e impresionante. Seguimos camiñando, no sur da illa atópase probablemente o lugar máis fermoso de Ons, o “ Miradoiro de Fedorentos” un lugar onde a inmensidade das vistas e incrible, pódese ver o illote de Onza, toda a costa da Ría de Pontevedra e o arquipélago das Cies cos seus cantís e que roza a perfección no solpor.

Din que os que nacen en Ons, aínda que non vivan na illa, lévana sempre no seu interior e que desexarían, se puidesen, pasar todo ano alí; eu non son veciño de Bueu coma a maioría dos insulares, pero síntome seguramente igual ca eles, e como tal e polo cariño especial e amizade que me une a varios dos veciños, quería denunciar publicamente o trato discriminatorio que están recibindo os insulares dende hai un tempo dende as distintas administracións. Explícome con algúns argumentos ; arrredor dun mes lin unha noticia que dicía “ Parques reclama taxas a uns 15 afectados por impagos”. Sorprendeume moito e informeime, evidentemente estaban todos ao día de ditas taxas, o día seguinte sae de novo outra noticia que di “ Un erro administrativo”, unha estraña coincidencia ao meu pensar, ou a lo menos algo sospeitoso, cando continuamente os veciños ultimamente so reciben atrancos ou problemas das administracións e concretamente da Xunta de Galicia, falo do famoso e inxusto sistema de acceso e autorización a illa, un “sistema de cotas”, que dependendo da dispoñibilidade numérica un veciño ou veciña non sabe se pode invitar a alguén a súa propia casa, un pouco ilóxico non? Falamos do seu fogar, pensemos por un momento que nos pasara a nós, e díganlle a xente maios que teñen que facer a autorización por medio dunha plataforma web que non e nada sinxela de empregar, de tolos verdade?. Péchanlle logo despois de mais de 30 anos na illa o “Chiringuito de Area de Cans”, un negocio familiar que se cumpriu co que lle requirían e o único chiringo da illa, unha autentica magoa e inxustiza. Os servizos médicos ou sanitarios son mínimos ou case inexistentes durante case todo o ano, así non me quero esquecer dan gran aporte que se fixo dende as administracións “ 6 mesas de pedra”en Curro, que a verdade moita utilidade non lle vexo e o parecer nin sequera cumpren coa normativa, ademais din que hai un proxecto para facer un parador no faro a curto prazo, logo de todo isto e algunha cousa que seguro que me queda no tinteiro, parece estar claro cales son os verdadeiros intereses da Xunta de Galicia. E evidente que os veciños e veciñas de Ons non son a súa prioridade, todo o contrario están sendo obxecto dunha persecución, atrancos e dun trato inxusto, cando eles simplemente defenden e o loitan polo seu fogar, a súa terra e dos dereitos como veciños da illa.

Primer comentario

Deixa a túa opinión