O BNG leva a Nidia Arévalo ante a Valedora do Pobo por falla de transparencia

Gustavo Barcia BNG Mos

Gustavo Barcia denuncia o reiterado incumprimento da lei que obriga ao goberno municipal a facilitar o acceso á información pública.

O BNG leva meses agardando polas facturas de gastos protocolarios de 2019, que superaron nun 575% a cantidade prevista no orzamento.

Mos, 15 de xaneiro de 2021.

As dificultades para exercer o labor da oposición levaron ao BNG adenunciar publicamente o reiterado incumprimento das leis de transparencia municipal porparte Nidia Arévalo. Numerosas solicitudes de información pública, remitidas ao gobernomunicipal nos últimos meses, seguen agardando por resposta e o concelleiro nacionalistaGustavo Barcia puxo esta situación en coñecemento da Valedora do Pobo. Xa lle foi remitido unescrito no que se describe a “situación antidemocrática” que se está a vivir no Concello de Mos,onde se están vulnerando, na súa opinión, “non só os dereitos dos concelleiros, senón os de todaa cidadanía á que representamos”.

Barcia lembra que “un dos piares da democracia é a transparencia, así como o labor defiscalización que lle corresponde aos grupos da oposición”. Segundo o portavoz nacionalista no Concello, “agora ao autoritarismo nas sesións plenarias hai que sumarlle a falta de respecto daalcaldesa pola lei ao pretender negarnos o acceso á información sobre a acción do goberno”. Isto,insiste, “é unha demostración máis de que o PP de Mos non goberna para toda a veciñanza e deque para eles hai cidadáns bos e malos dependendo de a quen voten”. O concelleiro do BNGconfía en que a Valedora do Pobo inste ao goberno municipal a cumprir coa lei de Bases doRéxime Local e, “se a situación non dá unha viraxe de 180 graos”, anuncia a súa intención deacudir outras instancias “ben sexan de índole política, administrativa, policial ou xudicial”.

Gastos de protocolo de 2019

Un dos exemplos máis rechamantes de como o goberno de Nidia Arévalo vulnera as leis detransparencia é o dun escrito presentado hai dous meses no que se reclaman as facturascorrespondentes a gastos de protocolo de 2019. No orzamento de aquel exercicio estabanconsignados 2.000 euros para esta partida, pero a contía final ascendeu a 13.490,76 euros sen queo goberno municipal ofrecera maiores explicacións. A cifra supera nun 575% o que estabaprevisto inicialmente e a alcaldesa dixo nun pleno que esa información estaba xa a disposicióndo BNG, pero o certo é que a documentación nunca foi entregada. “Non sabemos que é o quepretende agochar o PP”, indica Gustavo Barcia, “pero temos a sospeita de que neses gastos deprotocolo hai algo que non queren que a veciñanza coñeza”.

A cerca de admin 8 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.