O PSOE de Mos tilda de engano os orzamentos aprobados para o 2021

Concello de Mos 8 M A Nova Peneira

Este mes ven de aprobarse definitivamente o orzamento para o ano 2021 do Concello de Mos, o cal o goberno local presenta con orgullo. Mentres que na bancada socialista os tachan de ser un engano para a veciñanza e unha falta de respeto, tendo en conta a pandemia sanitaria cas consecuencias económicas que vai ter para a veciñanza.

No tocante os ingresos din que hai partidas claramente infladas xa que non ven posible que o concello ingrese por multas 100.000€, xa que nunca producíronse tales contías. Ou que sen contemplar axudas a emprendedores, vaian ingresar por apertura de novos establecementos nun ano de crise económica 45.000€. Argumentan estes ingresos están inflados en base a que o concello ten que contemplar o superavit co que afirmaba ter rematado o ano 2020, aínda que eses datos non eran reais por non incluír todas as débedas e facturas pendentes do concello.

Pola banda dos gastos, a bancada socialista quere denunciar que se eliminase a subvención para axudas escolares, a partida para obradoiros de emprego continua sendo de 10.000€ sen contemplar subida nun ano previsiblemente de paro. As partidas de cultura, deportes e medioambiente ven sufrida unha importante baixada no orzamento o que vai implicar unha notable redución do fomento destas actividades no noso concello, que por outro lado suporían axudas para estes sectores tan afectados. O concello alardea da subida na partida de servizos sociais para dependencia, pero tristemente quedase escasa xa que hai a lo menos 70 persoas veciñas do concello esperando ser atendidos.

Os socialistas din que os maiores aumentos nas partidas de gastos veñen producidos polos aumentos nos salarios dos funcionarios e persoal do concello, así como regularizar a súa situación de cara o vindeiro ano, cuestión que non se viña facendo en orzamentos anteriores. Ademais de incrementar partidas referidas a gasto corrente do propio concello.

A voceira socialista, Victoria Alonso, di non entender como o goberno local pode presentar orgullo un orzamento que nun ano tan crítico non mira pola veciñanza. Critica que non contemplen ningunha liña de axuda para os sectores máis afectados do concello, así como axudas en xeral para veciñanza. Finaliza facendo fincapé en que un goberno municipal ten que estar preto da cidadanía para facerlle máis doado o día a día, e afirma que co Partido Popular no Concello de Mos isto non está acontecendo.