Sobre o amor e a adolescencia

Artigo editorial Tino Lago A Nova Peneira

“Libre te quiero
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.
Grande te quiero
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.
Buena te quiero
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.
Alta te quiero
como chopo que al cielo
se despereza.
Pero no mía.
Blanca te quiero
como flor de azahares
sobre la tierra.
Pero no mía.
Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera”

Agustín García Calvo

Cando eu tiña 17 anos e levaba escasos meses saíndo coa miña primeira moza, houbo un sábado no que ela me anunciou que non poderiamos quedar pois tiña un compromiso cun grupo de amigos cos que ela consideraba que non sería adecuado que eu me xuntara. Malia que non tiña porqué facelo, explicoume de maneira razoada e razoable os motivos que, ao seu xuízo, explicaban a inconveniencia de que eu participara naquela xuntanza.Porén eu enfadeime, ou se cadra sería máis adecuado dicir que me entristecín, non o sei .O certo é que foi unha situación un tanto desagradable que provocou a nosa primeira “crise” no que ata ese momento parecía un idilio idílico.Esa fin de semana, en soidade, paseina facendo o que máis me gusta facer cando non hai nada que mo impida, que é ler poesía.E por fortuna caeu nas miñas mans este poema de Agustín Garcia Calvo que produciu o efecto que sempre provoca en min a poesía , pois me axuda a comprender as realidades complexas e dáme o acougo necesario para superar as angustias existenciais.Aquel episodio, visto coa óptica dos cincuenta anos, semella un problema cun tamaño propio dunha mólecula insignificante, en comparación coa dureza e a inmensidade das traxedias que a propia existencia tenos reservadas a todos os seres humanos ao longo do camiño das nosas vidas, pero na adolescencia os bambeos das emocións soen ter a intensidade da máis intensa das treboadas.En calquera caso despois de ler, e máis ou menos comprender o significado daquel poema,entendín que o equivocado era eu, desculpeime de maneira sinceira, e como en tantas outras ocasións futuras, a poesía resolveu unha crise vital persoal, de maneira que aquel idilio seguiu sendo idílico, ata que anos despois, 1.009 kmts ( a distancia entre Vigo e Granada) fixeron imposible a súa continuidade.Cando un é adolescente a bioloxía impide comprender moitas cousas entre as que están a natureza profunda das relacións persoais, a necesidade inherente á nosa propia especie de sermos querid@s, de ser importantes para outros e outras , ou a mentira que supón a vísión tópica do amor romántico, que non é outra cousa ca unha manifestación máis da sociedade patriarcal. A lectura dese poema , desde logo que con 17 anos non me servíu para comprender un asunto de natureza tan complexa, pero si que me deu pistas que, confirmadas polas experiencias futuras e a miña propia madurez bioloxica,me axudaron a intuír que amar de verdade a alguén significa desexar e colaborar no seu benestar pero respectando escrupulosamente a súa liberdade individual sempre, en todos e cada un dos casos sen exepción. Se esa última parte da proposición non existe, non é amor. É como dicía Quevedo “amor significa amar solamente ser amado”, é utiizar a outra persoa para satisfacer as nosas propias necesidades, xa sexan emocionais, xa sexuais xa de calquera tipo.Pode ser moitas cousas, incluso pode ser horroroso, pero amor non é.Agora que teño unha filla adolescente que comeza a mergullarse neste tipo de emocións, quixera dicirlle que agardo que ela tamén poida comprender que como dícía Goytisolo “ a pesar dos pesares, terá amigos e terá amor”.Pero que as persoas que se crucen no seu camiño que a queiran, libre, como eu a quero, que a queiran de ninguén, como eu a quero, que a queiran con capacidade para canear os seus propios condicionantes culturais” ni tuya siquiera” como eu a quero, son as que de verdade pagan a pena e as que desexo que a poidan acompañar na viaxe da súa vida.