Jessica Souto Loira nova responsable local do BNG en Marín

Jessica Souto BNG de Marín

O BNG de Marín ven de escoller a unha nova responsable local. Lucía Santos, voceira do Bloque no consistorio, que viña exercendo tamén a o cargo de responsable local, ven de ser substituida por Jessica, unha moza de Santomé que asume o seu cargo con toneladas de ilusión e unha enerxía tan contaxiosa que ten a capacidade de construir un ambiente positivo e cómodo en calquera contexto .Agardo que poida conservar no futuro esa parte do seu carácter, porque as persoas como Jessica, son as que teñen que lograr que o nacionalismo galego poida vivir nas xeracións futuras sempre .Velaí vai o que deu de si a nosa conversa

O ARGUMENTO DE QUE A DIMISIÓN DE MARÍA RAMALLO COMO DEPUTADA ESTIVO MOTIVADA POLO SEU INTERESE EN CENTRARSE NO COMBATE CONTRA A CRISE, TEN O MESMO RIGOR CÁS PREDICCIÓNS DA BRUJA LOLA”

Ser nomeada responsable local do BNG nunha localidade na que o PP ten 15 concelleir@s de 21 é para darche os parabéns? Ou é dese tipo de cousas que só lle desexas que lle pasen a alguén que che caia mal?

Ha ha ha ha ha. Eu teño constancia que non lle caio mal a ningún dos meus compañeiros e compañeiras. Todo o contrario, estou segura de que o equipo de traballo que me rodea van dar o mellor que ten cada un e cada unha para facermos entre todas e todos un BNG máis sólido que, tamén en Marín, ocupe o lugar que realmente ten na sociedade; ser a alternativa ao PP. Dito esto, a xente que me quere , como non podía ser doutra maneira, deume os parabéns

Vexo que afrontas a túa nova responsabilidade con moita ilusión?

Ten a certeza de que é así, Tino. Eu son unha muller que me implico ao máximo no que me importa, e a situación da localidade na que nacín, da localidade na que vivo , da localidade na que viven as persoas que quero, impórtame moitísimo. Por desgraza a xestión do goberno local de Marín é catastrófica, e o noso pobo, encamíñase aos poucos, cara a un negro buraco que se fai máis profundo día a día. As políticas transformadoras que o BNG xa amosou, unha e mil veces, que practica cando ten a oportunidade de gobernar, son máis necesarias que nunca en Marín .E eu, afronto a responsablidade orgánica local, con moita ilusión, con enorme orgullo e con todas as gañas do mundo en contribuir a que a maioría da sociedade marinense, sexa capaz de velo así.

Ti xa estabas no Consello local, non?

Si, levaba as áreas de igualdade, benestar e medio rural. Foi unha etapa que eu valoro moi positivamente

Por que motivo entras ti substituindo a Lucía?

Como sabes Lucía é a voceira no Concello, e tanto ela, como o coxunto da militancia entendemos como máis adecuado dividir as responsabilidades.

Sentícheste apoiada pola militancia?

Absolutamente, estou enormememente agradecida aos meus compañeiros e compañeiras polo seu apoio.E quero dicirlle que en min sempre encontrarán a unha compañeira leal que terá acertos e erros pero que o seu único obxectivo é o ben común do conxunto da organización

De que parte de Marín es ti?

Eu son de Miñán, un barrio da parroquia de Santomé

Queremos coñecerte un pouco mellor Jéssica, cóntanos a que te dedicas profesionalmente?

Eu traballei moito tempo no sector dos salóns de peiteado.Tamén estudei administrativa e tiven a oportunidade de traballar nese campo.Na actualidade preparo oposicións relacionadas cos meus estudos, pero , haberá que agardar a que mellore a situación sanitaria para que se poidan convocar

E a túa historia coa política como foi?

Eu sempre tiven inquedanzas políticas, de feito cando era moza estiven afiliada a Galiza Nova, as mocidades do BNG, logo estiven un tempo desactivada por distintas circunstancias. E a finais do 2.017 volvín a implicarme de maneira activa

Como foi esa reactivación do ano 17?

Ben , pois foi unha historia bonita si, ou polo menos co seu punto de orixinalidade. Como che dixen eu traballaba en salóns de peiteado,e Xurxo Agra, anterior Responsable Local, era un dos meus clientes. Eu cortáballe o pelo. E como ves, nas conversas de peluquería non só se fala de temas intrascendentes, tamén hai lugar para a política, pois entre corte de pelo e corte de pelo, Xurxo convenceume para que me reactivara.

Vaia, entón pódese dicir que o pelo de Xurxo Agra , tivo moito que ver na túa reactivación política?

Ha ha ha ha ha ha ha ha .Metaforicamente podemos dicir que si.

O BNG de Marín viviu situación moi dolorosas; enfrontamentos internos cruentos e diversas escisións. A última debeu de coincidir ao pouco da túa reactivación política?

Si. Pero a min, o único que me interesa deses episodios do pasado é aprender deles para que non se repitan nunca.

E na actualidade que ambiente hai na cociña do Bloque local?

Un ambiente estupendo, eu síntome comodísima

Ti, responsable local, e Lucía Santos voceira no concello

Pois si, dúas mulleres somos digamos as caras máis visibles da organización, e eu tremandamente orgullosa desde logo. Ademais eu teño unha relación moi boa con Lucía, aprendín e aprendo moito do seu rigor e bo facer,e é un pracer compartir espazo cunha persoa dese calibre

Cales son os parámetros políticos máis relevantes que pretendes desenvolver como responsable local?

Eu entendo a política non como un fin en si mesmo senón como unha ferramenta para mellorar a vida das persoas.Xa que logo , o que pretendo eu é escoitar, escoitar moito e escoitar a todas as persoas do noso pobo que desexen falar con nós. Quero coñecer todos os problemas, de cada curruncho de Marín, de cada parroquia de cada barrio e de cada rúa. Logo propor no concello, a través da voz de Lucía unha solución eficaz para cada problema

O Morrazo é unha comarca socioloxicamente de esquerdas en todas as súas vilas agás en Marín.Por que?

Ben, eu lin a entrevista que lle fixestes ao noso compañeiro Bieito Lobeira hai uns meses, e fago miña a súa reflexión referente a que en Marín, o nacionalismo, ten un gran potencial de crecemento. Desde logo por ilusión e por traballo non vai ser.

Xa para irmos rematando valórame de maneira sintética a xestión do goberno de María Ramallo?

Vou ser súper sintética como me pides; María Ramallo é un significante sen significado. Hai problemas gravísimos en Marín

Por exemplo?

Hai zonas que non teñen auga da traida, hai lugares onde a cobertura de internet e terceiro mundista, hai camiños que levan décadas sen arranxar..O desta alcaldesa é o sorriso para tod@s, o de dicir que si a todo, pero resolver , resolver como que non.

Un tema moi concreto no que en Marín estades mal é no que respecta á Pandemia, os positivos non paran de crecer?

Por desgraza é así.Ese é outro desgrazado exemplo da inacción e a escasa capacidade resolutiva da nosa alcaldesa. En Marín, cómpre un cribado masivo de contado, pero á nosa alcaldesa parece que lle avergonza pelexar polo ben común da nosa veciñanza

Cal é a opinión do Bloque de Marín no que respecta á dimisión de María Ramallo como deputada?

Imos ver, para nós o “argumento” de que a súa dimisión se produce para centrarse no combate contra a crise ten o mesmo rigor que os vaticinios da “Bruja Lola”. Entendemos que as razón reais obedecen a algún tipo de estratexia interna do PP,que supoño coñeceremos máis adiante

Primer comentario

Deixa a túa opinión