Posición da Asemblea Republicana Galega sobre o cambio de presidente en EEUU

Asamblea Republicana Galega

Joe Biden foi nomeado novo presidente dos Estados Unidos despois de catro anos de auténtica loucura no ámbito xeopolítico internacional que alcanzou o seu clímax coa invasión do Capitolio o pasado 7 de xaneiro, unha evidencia máis da crecente ondada neofascista que xurde cada vez que o sistema capitalista se sinte ameazado e que pretende recortar dun xeito máis evidente os dereitos e liberdades da maioría social. Neste sistema económico o capital vale máis que a humanidade enteira. O imperialismo liderado polos Estados Unidos e os seus aliados europeos tórnase unha peza esencial na mecánica de explotación desmedida dos recursos naturais e o sometemento dos pobos do mundo á costa do benestar e a liberdade da clase traballadora.

Son moitas as evidencias do aparato imperialista norteamericano xunto coa permisividade e subordinación dos gobernos títeres ao redor do mundo. Dentro do Estado español, as bases de Rota e Morón están controladas polo exército estadounidense, unha violación flagrante da soberanía española co fin de intervir militarmente no Sáhara Occidental e afianzar o control ianqui en Europa. Nesta situación unha política antiimperialista no Estado español só pode levarse a cabo nunha República soberana, independente e fora do bloque imperialista europeo (UE) e da OTAN. Outros exemplos son a base militar de Guantánamo en Cuba, a invasión por parte de Israel do territorio palestino, as bases en Colombia e no Xapón e as sancións económicas que todavía hoxe están vixentes sobre Cuba, Venezuela e Irán, entre outros.

Os medios de desinformación ao servizo da oligarquía capitalista preséntanos a Joe Biden como o “renacer” da democracia e da paz mundial en contraposición ao seu homólogo do Partido Republicano. Porén, a situación no panorama internacional non vai cambiar coa chegada do novo inquilo á Casa Branca. Tanto Joe Biden como o Partido Demócrata representan os intereses da oligarquía internacional e as súas políticas irán encamiñadas nesa dirección. Biden apoiou a invasión de Irak e o proxecto imperialista norteamericanocando cando foi congresista durante o goberno de George W. Bush, feitos que contradín a imaxe de renovación que pretende dar. A clase traballadora vai seguir sufrindo a opresión e o dominio dunha oligarquía intenacional que non terá reparos en recurrir aos medios que sexan necesarios para manter baixo control a unha maioría da poboación cada vez máis descontenta.

Desde a Asamblea Republicana Galega chamamos ao pobo traballador a organizarse e esixir, de forma inmediata, as seguintes reinvidicacións:

A RETIRADA DAS TROPAS NORTEAMERICANAS DE TODOS OS ESTADOS NOS QUE TEÑEN PRESENZA, INCLUÍNDO AS BASES ESPAÑOLAS OCUPADAS E O TERRITORIO ROUBADO AO POBO CUBANO NA BAHÍA DE GUANTÁNAMO

NON AO APOIO DOS BLOQUEOS ECONÓMICOS CONTRA OS POBOS SOBERANOS, COMO CUBA, VENEZUELA, COREA OU IRÁN. FIN DA COLABORACIÓN NO SAQUEO MILITAR PERPETRADO EN PALESTINA, SÁHARA OCCIDENTAL OU SIRIA.

A SAÍDA DA OTAN E DA UE E O FIN DO PROGRAMA DE ESCUDOS ANTIMÍSILES NA EUROPA ORIENTAL

DEROGACIÓN DA LEI DE ESTRANXERÍA

PARA CONSEGUIR TODAS ESTAS REINVINDICACIÓNS, FACEMOS UN CHAMAMENTO A ACUMULACIÓN DE FORZAS EN TORNO A UNHA REPÚBLICA DO POBO E A ESTABLECER UN ESTADO PLENAMENTE SOBERANO

CONTRA O IMPERIALISMO, NIN UN PASO ATRÁS¡ NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA¡ LIBERDADE PARA OS POBOS¡

Primer comentario

Deixa a túa opinión