Problemática en Radio Redondela: novo “ridículo político” do PP

Radio Redondela

A apoio do Bloque Nacionalista Galego, á conformación dun governo de progreso en Redondela, permitíu entre outras cousas que o Partido Popular pasara á oposición. A sensación que dende aquela demostraron, foi a dun “castelo de naipes”, que se desmorona. Primeiro, o abandono da política local por parte do seu candidato, ao que seguíu unha liña de acción política dende a oposición cun único interese revanchista.

Dende novembro do ano 2020, xa eran coñecedores da situación do persoal de Radio Redondela. A demanda pública dun Consello de Administración demostra o escaso interese en facer política por parte dos populares. Neste caso únese á desiformación á que queren someter á veciñanza, ao nulo interese dunha problemática que vén dende novembro.

Dende o BNG queremos informar á veciñanza, que o Consello de Administración, celebrouse hai un par de semanas, no que se tratou a situación da dirección, e traballadoras. Estamos pois, ante un novo caso de “de ridículo político”, ao que nos xa nos tén acostumando o PP redondelán.

Como dende o BNG exercemos unha oposición responsábel; en decembro do 2020 puxémonos en contacto coa concelleira-presidenta de RR, Susana Couñago, quen nos informou de primeira man da situación, xunto ás xestións realizadas. A partires daquel momento, iniciouse a tramitación da xuntanza do Consello de Administración, que agora reclama do PP.

Primer comentario

Deixa a túa opinión