David Cortegoso porteiro do Choco e da Selección Galega Amateur

David Cortegoso porteiro do Choco e da Selección Galega Amateur

Cando o director de A Nova Peneira, me propuxo entrar na súa casa ocupandóme de peneirar cada curruncho da vila de Redondela, coido que sabía ben na porta que petaba, pois non creo que haxa nada que estea máis profundamente inserido nas miñas emocións que o vínculo afectivo tan inmenso, inmenso como o máis inmenso dos océanos, que eu teño con Redondela. Lembro perfectamente aquela conversa, e recordo tamén a miña intención de peneirar toda a sociedade redondelá ata o punto de que a identificación do noso medio de comunicación coa vila na que vivo, e viven as persoas que quero, sexa unha realidade perpetua. Hoxe, imos coñecer un pouco mellor a David o porteiro do Choco, pois 12 anos defendendo a nosa portería ven merecen un espazo en A Nova Peneira

ESTA É UNHA TEMPORADA ATÍPICA, PERO O CHOCO VAI DAR GUERRA ATA O FINAL COMO SEMPRE”

Ti xa non es ningún neno, David, pódese dicir que es un futbolista veterano verdade?

Pois si, claro. Eu xa teño 34 anos, pero encóntrome moi ben física e mentalmente e a miña intención é seguir dando guerra un bo rato

Onde comezou a túa vida de cancerbeiro?

En Arcade. A verdade xa pasei por moitos equipos.Estiven no Pontevedra, no Celta B, en Gondomar, no Bouzas, no Coruxo e agora no Choco, desde hai xa 12 anos

Chegaches a xogar en 2º B?

Cheguei a debutar si

E hai moita diferencia entre 3º e 2º B?

Eu penso que non moita no que se refire á calidade. Si a hai no que se refire aos medios cos que contas.

Pensas retirarte no Choco?

Imaxino que si. Eu xa levo tempo aquí, estoi moi cómodo e non teño necesidade de cambiar.

Como se compatibiliza a vida deportiva coa profesional e a persoal?

Non é fácil. Eu agora mesmo estou preparando unha oposición, pois pechou a empresa na que traballaba,e desfrutando do meu fillo.E o fútbol non deixa moito tempo.

Creo que ao teu cativo xa se lle ven maneiras futboleiras?

Ha ha ha. Ben, é moi pequeño aínda, pero con tres aniños que ten si que lle gusta moito estar no campo e andar coa pelota

Ti es natural de Redondela, non?

Si, eu nacín aquí, pero crieime en Canarias.Cando volvín para a nosa terra, nun partido no recreo do colexio, un pouco de casualidade xoguei de porteiro, e así comezou a miña historia parando balóns.

Que significou a chamada da selección galega amateur?

Pois teño que recoñecer, que accedín a ir pola insistencia do seleccionador, pois este tipo de torneos amateurs dificultan moito a conciliación coa nosa vida profesional e persoal.Pero, unha vez vivida a experiencia teño que recoñecer que foi enormemente positiva, ata o punto de que gañamos o campeonato de España.

Ben, ti estás afeito aos retos importantes, pois no Choco xa viviches uns cantos?

Si, xa vivín ascenso , promocións e copa DEP.

Supoño que aquel ascenso a 3º debeu de ser moi emocionante?

E tanto que si, sobre todo polo que se fixo esperar, pois estivemos varios anos nos que por moi pouco non o acadamos.E curiosamente, o ano que o logramos foi no que máis difícil o tiñabamos , pois era preciso que se dera unha combinación de resultados realmente complicada.

Imaxino que a fortuna tamén inflúe en poder acadar, ou non, os obxectivos deportivos?

Vamos ver; eu creo que en liñas xerais os resultados chegan como consecuencia do traballo e da boa planificación deportiva. Logo pode haber un componente de sorte claro, xa que ás veces a diferencia entre lograr un obxectivo, ou non, é tan pequena como que un balón dea no poste ou entre.

Non sei se sabes, que Casa Paco e A Nova Peneira, temos unha relación de afecto mutuo moi especial, e seica ti xa fixeches algunha incursión no mundo dos adestradores colaborando con eles nalgunha sesión cos rapaces?

Pois si que estades ben informados, porque eso aconteceu hai moito tempo. Pero foi unha experiencia moi agradable si.Eu era o segundo adestrador

E sendo nun torneo nunha cidade tan especial como Donosti, seguro que o pasastes xenial?

Pasámolo de luxo, abofé que si.

Como valoras a temporada do Choco ata o momento?

Esta é unha temporada atípica, con moitos partidos que se adian polos positivos, cunha organización moi complexa das competicións. Non é nada fácil, pero nós estamos dando guerra como sempre

O Choco ten unha afección moi importante.Se cadra nos últimos tempos, cando a vida era normal e podíase ir ver partidos, destaca pola súa intensidade a peña chamada “os chocoslovacos”.Creo que ti es un dos seus ídolos, non?

Ha ha ha ha ha ha ha.Debe de ser porque xa son moi veterán e táñenme moi coñecido. En realidade o cariño do público é moi agradable desde logo.

Agora que non pode ir púbico aos partidos, notas moito a diferencia?

Dígocho con toda a franqueza: xogar sen público é unha merda.O fútbol sen publico perde boa parte da súa esencia.

Que hai de certo no que se fala da “soidade dos porteiros”?

Depende do partido, hainos que son realmente intensos e a concentración é máxima, e hainos nos que si se pode notar esa soidade.