A Política de Proximidade

M. Carmen Amoedo Dasilva. 
Portavoz Grupo Municipal de Redondela
Diputada Provincial

Quero darlle as grazas A Peneira e ao seu director por permitirme expresar no seu periódico as impresións e sensacións que teño agora sobre o que supón a ‘política de proximidade’.

Sen dúbida, ser concelleira é un dos cometidos máis agradecidos, duros e satisfactorios para quen sinte a vocación de servizo público. No teu cometido tes claro que o abxectivo é a mellora das condicións de vidas dos veciños…de ti mesma, en realidade, por que eu son a redondelá que vai á biblioteca, a compra ao mercado, teño que ir ao Centro de Saúde, camiñar pola rúa ou vai e ven á súa casa conducindo pola súa parroquia.

O feito de coñecer persoalmente ás persoas que confían en ti, saber das súas preocupacións e ser consciente de que che deron o seu voto para que traballes polo ben da comunidade, crea unha obriga maior de atención, de responsabilidade e a necesidade de non perder a perspectiva de que hai que estar preto e ser empática, comprensiva e sincera.

Redondela ten 21 concelleiras e concelleiros que, ademáis de traballar polo noso concello debemos afrontar a realidade de que, día a día, e así o sinalan as enquisas, os cidadáns síntense máis defraudados pola ‘clase política’, non se identifican con moitos dos nosos debates e, o máis preocupante, consideran que dedicámonos maís aos nosos intereses partidistas que a resolver os seus problemas.

Isto temolo que cambiar de inmediato. E a COVID devolveunos á realidade. Ista non é outra que recuperar a nosa obriga de estar á altura…á altura da cidadanía, que está a amosar a súa forza, a súa responsabilidade e a súa sensatez.

Agora é o momento no que todas e todos as concelleiras e concelleiros, da igual a responsabilidade ao cargo que teñamos, debemos asegurarnos de que o noso teléfono estea operativo as 24 horas; temos que adicarnos a informar, resolver e axudar a quen se quedou sen nada, a quen non ten quen lle bote unha man, a quen non pode abrir o seu negocio, está nun ERTE, perdeu o seu traballo, precisa que o auxilien, que lle fagan a compra ou que o acompañen durante unhas horas.

Debemos acabar coa idea de que quenes nos adicamos ao servizo público dende distintas opcións políticas sexamos inimigos e non esquecer que so somos adversarios. Temos a obriga de propoñer, aportar, discutir e chegar a acordos, cedendo polo ben das veciñas e veciños que nos elixiron…das nosas veciñas e veciños, que están tan lonxe das grandes estratexias políticas coma nós.

Os cidadáns deben sentir a nosa cercanía, deben percibir que as persoas que os representan, os que votaron e nos que delegaron a toma de decisións están a altura dun dos momentos máis dificiles da nosa historia recente. Esa é a nosa responsabilidade.

Quero que estas verbas sexan unha homenaxe a un referente para min en política e na vida, D. Fernando Rebanal Fernández que finou fai uns días, persoa que nos regalou ensinanzas moi valiosas un gran maestro na súa vida profesional e na vida política.