Os socialistas acusan de enganar a veciñanza á Alcaldesa de Mos

PSdG Mos A Nova Peneira

No mediodía do venres, o Concello de Mos faise eco dunha noticia na que se di que o Ministerio de Facenda vai levar a cabo unha nova valoración catastral alegando non ter esta información no concello. Dita valoración responde a actualización dos terreos, que pasan a ser chan urbano e antes da aprobación do PXOM, non o eran.

É neste punto onde os socialistas acusan a actual rexedora de enganar a veciñanza e mentir sobre este procedemento. É un proceso habitual que despois de aprobar un PXOM, fágase unha revisión do catastro, para actualizar os valores de aqueles terreos que pasaron a gañar máis valor o ser catalogados coma urbanos. Durante a elaboración do PXOM, a administración local tivo que remitir os informes pertinentes a tódalas institucións para recoller aqueles informes precisos e favorables. Coa aprobación definitiva do PXOM, o ter arranxadas tódalas alegacións, este sempre se leva a cabo entendendo que houbo propietarios que teñen parcelas ás cales aumentoulles o valor.

Tanto é así, que o Concello de Mos é sabedor de que un aumento podería acontecer nalgún momento. Incluso o demostra cando elabora os orzamentos e fai unha previsión de ingresos superiores ás do ano anterior, chegando a presupostar 2 millóns de euros nesta partida, 100.000 euros máis ca no ano anterior.

Por outra banda, o Concello de Mos ten delegadas as competencias de recadación no Oral, organismo dependente da Deputación de Pontevedra. O concello envía o padrón cos ingresos a este organismo para que efectúe o cobro. Compre sinalar, que neste caso o Oral só ten a información que recibe do concello en canto ás cantidades que debe cobrar.

A voceira socialista, Victoria Alonso, está profundamente en contra de este tipo de manipulación da información, enganar e o abuso de poder dunha institución para facer ataques partidistas. Engade que isto só pode deberse a un ataque de nerviosismo incontrolado por parte da alcaldesa o sentir que debe enganar a veciñanza para intentar sacar un rédito político. Finaliza dicindo que espera que a alcaldesa se desculpe e retracte da nota de prensa publicada posto o que busca é incitar a mal interpretar a realidade.