A memoria do franquismo presente: Non máis presos políticos e exiliados

Artigo de opinión A Nova Peneira
Dionísio Pereira - Historiador
Dionísio Pereira – Historiador
Dionísio Pereira, Encarna Otero, Olga Novo e Joam Tavia

O Réxime actual non é froito da libre vontade da cidadanía e dos pobos deste Estado, senón que está condicionado polas ameazas do persistente estamento militar franquista e polos compromisos cunha ditadura que permitiu certas mudanzas a cambio de que se mantiveran intactas as súas aspiracións esenciais e os seus obxectivos estratéxicos logrados por medio do golpe militar e a represión.
Por iso, como investigador@s e estudos@s do franquismo non podemos limitarnos a reducir as consecuencias do que este réxime representa ao período que remata coa desaparición biolóxica da figura que o encabezaba. Debemos analizar a continuidade da restrición de dereitos e liberdades, así como a extensión de privilexios e impunidade dentro da lóxica dos devanditos compromisos e, xa que logo, consideralos ilexítimos desde unha posición democrática e respectuosa cos dereitos humanos e coa xustiza universal.
A ilegalidade do dereito a decidir dos pobos ou a condena das aspiracións republicanas, como outros moitos lastres que arrastra o marco legal actual, agravados pola contaminación franquista do aparato do Estado, son vestixios totalitarios que temos a obriga ética e científica de desvelar na súa orixe e natureza.
Neste sentido, a carón de tod@s @s represaliad@s polo franquismo entre 1936 e 1976, tamén consideramos represaliad@s, pres@s políticos e exiliad@s a tod@s @s que por estes idearios democráticos proscritos foron e son vítimas destes acordos acadados na chamada transición e que serviron para perpetuar o franquismo até os nosos días. Unhas vítimas das que nos reclamamos non só pola persecución que padeceron no pasado, mais tamén polo seu xorne resistente (eis, a guerrilla galaico-berciana que compre reivindicar) e polas súas propostas liberadoras de presente e de futuro.
Somos conscientes da esperanza e das posibilidades que abría o período da II República, no que se canalizaron longas tradicións de loita emancipadora e que a través dos nosos traballos de investigación queremos relembrar, sobre todo, para poñer en evidencia que foi posíbel outro futuro, e que aquel pasado merece un presente mellor. Por iso non nos resignamos a cinguirnos ás limitacións dos que deseñaron este réxime a gusto dos do anterior. E solidarizámonos con todas as persoas represaliadas como consecuencia dunha lexislación e dun poder xudicial herdeiro dunha ditadura ilegal e criminal.

Asinan:

Xoán Carlos Garrido

Xosé Ramón Ermida

Dionísio Pereira

Pepe Álvarez

Carlos Méixome

Antón Mascato

Eliseo Fernández

Carlos Velasco

Manuel Monge

Carlos Babío

Carlos Parrado

Montse Fajardo

Carlos Nuevo

Antón Somoza

Celso Milleiro

Manuel Igrexas

Xesús Torres