Entrevistamos ás Efémeras, o grupo de moda de Redondela e comarca

Efémeras música Redondela

Fon Conde (compositor, pandeiro e voz), Olga Nogueira (compositora, acordeonista e voz), Berto Covelo (compositor, bombo e voz), Claudia Sánchez (saxo, pandeireta e voz) Paqui Crespo (pandeireta e voz) e Irene Campelos (cunchas e voz) forman “AS EFÉMERAS”, un grupo que ten a raiz no movemento asociacionista redondelán, un grupo coa forza da poesía e a música, que hai un ano nos presentaban aquí o seu primeiro tema “NAMORARE”, e como A Peneira ten olfato para a cultura galega, hoxe volven para presentarnos xa o seu primeiro disco. Fan, segundo elas, Punk-Rock furancheiro, mesturando a música actual coa tradicional galega. Persoalmente penso que vai ser un dos discos do ano no panorama musical galego.

Brevemente cales son os inicios do grupo?

Nós xurdimos do movemento asocia vo de Redondela, sobre todo do colec vo ecoar s co“ArteLixo”. Logo comenzamos a xuntarnos catro, de vez en cando, a cantar nalgún furancho: empezamos cunhas boas letras, unhas músicas festeiras… e Fon foinos liando ao resto.

Por usar a metáfora do insecto que nos dá nome, parecemos efémeras pero non o somos. Algunha de nós leva décadas na música galega, como Olga (en Chouteira) ou Fon e Paqui (en María Fumaça) mais todas levámos anos na música de base. O que facemos agora é emerxer. Un pouco.

Que imos atopar neste disco?

Cancións quilómetro cero: feitas en Redondela, da enseada, das nosas xentes, costumes, na propia xeogra a posta en valor, e logo letras dos problemas universais de macho e femia, letras ecoloxista, de movementos sociais urxentes e necesarios, letras feministas e tamén letras festeiras de cantar e bailar…

Disque as vosas letras son dignas de ler, é certo?

É. O letrista o cial do grupo é Fon, que sofre incon nencia cuple sta. (Risos). Mais el foi liando a outros e outras. Para poder tomar alento entre os temas, nos concertos. (Máis risos). Primeiro liou a Olga, logo a Pedro, a Berto… Por veces compoñemos todo, letra e música, e outras musicamos textos alleos. Mais si, dámoslle moita importancia ao texto. E ao contexto.

Que diferenza hai entre o disco e escoitarvos en directo?

O disco é máis elaborado e ademais contamos con colaboracións especiais, que nos se poden revelar, pero que seguro vos van sorprender. Ar stas de renome de Redondela e do panorama musical galego. Entón ten máis elaboración có directo, pero vén coa mesma enerxía do directo, por supostísimo.

Cando sae o disco e onde se gravou?

O disco gravouse en Ventosela, unha parroquia de Redondela, grazas ao trabalho marabilloso de produción, mestura e paciencia do noso amigo José Manuel Díaz. E poderedes escoitalo e, se vos presta, mercar o disco nos puntos habituais de venda, desde mediados de abril.

O deseño é unha preciosidade obra das Koebra, un colectivo artístico de Quintela. Outra parroquia de Redondela. E xa van dúas. E encántanos que así sexa. Porque a cultura tamén se fai nas parroquias, sempre se xo, aínda que os gobernos municipais case non invistan cultura nelas.

Por que temos que escoitar AS EFÉMERAS?

Porque transmitimos alegría e enerxía vital. E cando disfrutas no escenario, transmites á xente que te escoita doutro xeito, e nós pasámolo moi ben. E nótase.

Que signi ca este grupo para vós?

É un bo xeito de compartir momentos de ensaio e directos, xuntarnos con boa xente, e sacar o proxecto adiante.

Ides facer presentacións do CD?

Pandemia mediante, contamos facer catro presentacións, todas con reserva previa. Arrincamos o sábado 24 de abril na “Arca da Noe” (Vilar de Santos, Ourense), a 25 de abril imos ao Courel (“Patrio da Tola”, Vieiros); o sábado 1 de maio estaremos no “Centro Cultural As Pedriñas” en Mos e o domingo 2 de maio remataremos no “Albergue Jamarte” (Pontecaldelas). Todos serán en horario de mañá, sesión vermú, a par r das 13h. E en formato familiar. E algún mesmo con posibilidade de reservar o xantar, se se quere. As actuais circunstancias obrigan a reducir a capacidade así que, se estades interesados, bulide a reservar entrando en contacto directo con eses lugares.

E en Redondela? Non contades facer presentación en Redondela?

Sen dúbida faremos. Mais non polo momento. Temos datas reservadas para o verán na Coruña, Lugo, Portugal, León e mesmo algúns contactos internacionais… Esperemos que poidan saír e poidamos vernos nos torreiros. Aínda que non descartamos reeditar a xira “Okupando os palcos” e “Furanchos ao vivo” que xemos o verán pasado. A ver se damos feito todo.

Pois moitas grazas. Aí nos veremos. Nos palcos e furanchos. Moita sorte con este proxecto!