Tomiño organiza un curso de manipulador de alimentos no Auditorio de Goián

Concello de Tomiño A Nova Peneira

A acción formativa terá lugar o 8 de abril de cinco a oito da tarde

Tomiño, 24 de marzo de 2021

O Concello de Tomiño organiza un novo CURSO DE MANIIPULADOR/A DE ALIMENTOS. Será o xoves, 8  de abril de 2021, no Auditorio de Goián, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

A data límite para inscribirse é o vindeiro 5 de abril, sendo as prazas limitadas e tendo un custe de 20 euros. As persoas interesadas poden anotarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ou chamando ao número de teléfono 986 622 001.

As persoas asistentes ao curso deberán levar con elas o seu DNI e ir provistas de máscara e bolígrafo.