Grave estado de abandono do lugar de interese comunitario das Brañas de Xestoso

grave estado de abandono do lugar de interese comunitario das Brañas de Xestoso

Dende o grupo municipal do BNG-Foro Forcarei queremos mostrar a nosa preocupación polo grave estado de abandono do lugar de interese comunitario das Brañas de Xestoso, que ocupa parte dos concellos de A Estrada, Forcarei e Silleda.

Este espazo natural conta con protección dende o 27 de marzo de 2004 e sen embargo, no ano 2021 só observamos que o estado de conservación é peor e que o futuro aínda é máis incerto.

Este LIC vai a verse afectado pola construción do parque eólico Tramontana, un megaparque de 70MW que tramita o goberno do estado e que afectaría sobre todo á parte de Forcarei, danando gravemente os valores naturais desta zona, como son os rarísimos solos de turbeira ou a especies como o falcón ou o sisón.

É por elo que cremos que o goberno do estado non debería autorizar este parque co actual proxecto, debendo reformular o mesmo a empresa solicitante para evitar afectacións abusivas.

Esta afectación, ao igual cás demais dos parques eólicos proxectados en Forcarei, esiximos sexan vixiadas e contestadas polo concello de Forcarei, para conseguir un desenrolo pero sostible, o cal ata o día de hoxe non presentou alegacións a estes parques.

Por outra banda, a ausencia de conservación deste espazo, que corresponde á Xunta de Galicia como administración competente na conservación da Rede Natura 2000, provoca que a vexetación esté a invadir espazos como a Lagoa Sacra, elemento natural e patrimonial esencial deste espazo.

Esta invasión descontrolada de especies arbóreas pode por en risco os valores naturais da zona, polo que solicitamos da Xunta de Galicia que poña en valor este espazo natural e leve a cabo medidas de mellora dos hábitats que fan importante este espazo natural mellorando a accesibilidade e a corta de especies invasoras.

No actual contexto de mobilidade limitada e a búsqueda de espazos naturais cercanos para o lecer, cremos importantísimo apostar por potenciar os espazos naturais galegos, no noso caso as Brañas de Xestoso, pondo o foco na conservación dos valores naturais que fan de este un espazo único, convertindoo ao mesmo tempo un elemento dinamizador do turismo de natureza dos concellos de A Estrada, Forcarei e Silleda.