As socialistas de Salceda elevan ao Parlamento o abandono da Xunta en materia de emprego

As socialistas de Salceda elevan ao Parlamento o abandono da Xunta en materia de emprego

Paloma Castro visita Salceda, xunto coa voceira e tenente de alcaldesa Verónica Tourón para coñecer de primeira man a problemática das persoas desempregadas de Salceda.

Salceda de Caselas, 31 de marzo de 2021

Concretamente, Verónica Tourón, denuncia a falta de políticas de emprego da administración autonómica no concello de Salceda. “A Xunta rexeitou a solicitude dun novo programa integrado, que daría posibilidades de inserción laboral e mellora da empregabilidade a 100 veciñas e veciños de Salceda”

Ata agora a Consellería de Emprego financiaba a posta en marcha destes programas en colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro. Nun sorprendente cambio de criterio respecto a anos anteriores, a consellería concede só 7 Programas Integrados de Emprego a concellos para toda Galicia, concedendo só o concello de Mos na provincia de Pontevedra, e incluso deixando as provincias de Lugo e Ourense sen ningún programa.

Un criterio que, segundo o grupo parlamentario socialista deixa sen ferramentas ás entidades locais, a administración máis próxima ás persoas desempregadas. Ademais a falta destes programas e políticas activas de emprego tamén afecta ás empresas da zona que realizan convenios de colaboración co concello, sen unha fonte de selección de persoal preparado explicitamente para cubrir as necesidades do mercado laboral do municipio e da súa contorna.

Verónica Tourón “no caso de Salceda é preciso resaltar que no programa integrado desenrolado no CDL O Torrón polo Concello no ano 2019-2020 acadouse unha inserción do 58%, superando amplamente o compromiso de inserción inicial do 40%, ao que hai que engadir que ata 73 persoas desempregadas traballaron en algún momento ao longo do programa.

Dende o grupo parlamentario esíxenlle ao Goberno Galego que explique as razón polas que a Consellería de Emprego rebaixa de 20 a 7 programas integrados aos concellos en Galicia. Ademais de pedir transparencia e que se faga públicas a relación de solicitudes rexeitadas.

As e os socialistas non comparten o criterio de abandonar aos concellos nun contexto de crise económica, sanitaria e de emprego como a que estamos a vivir e a través desta iniciativa parlamentaria esiximos que se volva ao modelo anterior.

Primer comentario

Deixa a túa opinión