A Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Belesar e a mercantil CEÓLICA HISPANIA SL., opóñense a facilitar información ó Instituto de Estudos Miñoráns

O proxecto de instalación de parques eólicos nas Serras da Groba e o Galiñeiro

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Belesar e a mercantil CEÓLICA HISPANIA SL., opóñense a facilitar información ó Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) sobre os expedientes previos de inicio de obras en relación cos parques eólicos na Serra da Groba.

O IEM solicitou en novembro de 2020 ó concello de Baiona información referente ós expedientes de instalación da torre metrolóxica e equipo SoDAR que se situaron no alto da Groba. A pesar de que o concello de Baiona recoñece, mediante resolución de alcaldía, o dereito do IEM ó acceso a dita información a Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Belesar e a empresa CEÓLICA HISPANIA SL. presentaron senllos recursos opoñéndose ó acceso a dita información. Según a lexislación o IEM non poderá acceder á información solicitada ata que transcurra o prazo que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Belesar e a mercantil CEÓLICA HISPANIA SL. teñen para presentar recurso contencioso administrativo fronte á resolución da alcaldía.

O IEM pregúntase que terán que esconder a Comunidade de Montes Veciñais en Man Comun de Belesar e a mercantil CEÓLICA HISPANIA SL. para dificultar o acceso á documentación pública sobre a tramitación duns parques eólicos que afectarán gravemente á contorna do Val de Miñor.

En diversas ocasións tense denunciado a tramitación opaca dos parques eólicos e se ademáis temos en conta as numerosas modificacións lexislativas que aceleran os prazos de tramitación, a participación pública nestes proxectos vese gravemente perxudicada. Ademáis, a Xunta de Galicia está aproveitando a situación de limitación de mobilidade dos cidadáns para continuar coa tramitación de numerosos parques eólicos por toda Galicia. “A este paso, teremos acceso á documentación pública cando os parques eólicos estén xa construidos e calquer dano será xa irreparable”.

Na Serra da Groba xa se iniciou o procedemnto de tramitación de 3 dos seis parques eólicos previstos, O Rosal, Toroña I e recentemente Toroña.

O IEM fai un chamamento ós comuneiros e á cidadanía para que reclame ás administracións información sobre os proxectos e esixa os seus dereitos de acceso á información e participación pública nestes proxectos.