Patricia Mariño-Voceira do BNG no Concello de Salvaterra
“Tras máis de corenta anos de gobernos populares, o primeiro que faría ao chegar á alcaldía sería unha auditoría” […]
“Tras máis de corenta anos de gobernos populares, o primeiro que faría ao chegar á alcaldía sería unha auditoría” […]
Non pasou nada. Nin a campaña ilusionante do BNG, nin o estado da sanidade, nin a depredación eólica, nin o secuestro da tele pública. Nada tivo pulo dabondo para mudar a intención dun electorado galego que unha vez máis amosou que non quere que lle movan os marcos. Galiza está practicamente dividida en dous. Unha parte aférrase ao que hai. Debe rexerse, non sei, pola máxima de que máis vale malo coñecido que boa por coñecer, mentres outra metade devece tan forte polo cambio que apoia con folgos a quen cre que llo pode dar, neste caso o BNG. […]
O goberno español acaba de presentar uns orzamentos expansivos para a mobilización dos fondos Next Generation que procedentes da Unión Europea buscan unha saída á crise baseada no que a priori son, sen dúbida, dúas boas liñas de actuación: a dixitalización e a loita polo cambio climático […]
Claro que nos importa Yaiza, a nena asasinada pola súa nai en Sant Joan Despí a finais de maio. E Amiel e Ixchel, vítimas de Gabriel e María, a parella de Godella. E Leire, asasinada a principios de ano en Zaragoza. E Mohamed. E o bebé que agardaba a súa nai, Warda, cando o proxenitor levounos por diante os tres […]
Vivir nunha organización social, chamémoslle democracia, é como circular pola rede de estradas. Hai quen defende que as direccións prohibidas coartan a súa liberdade e salta as liñas continuas ao crer que o seu desexo de chegar cinco minutos antes está por riba da seguridade de quen se cruza no camiño. […]
Compartín estes días nas redes o chío dunha internauta, Sara, que dicía: “De ser pequena boto de menos os bocadillos de chourizo e o consenso social de que o fascismo era malo” […]
“ENCE díxome que lle custaba máis o traslado que comprar a opinión pública, e iso está a facer” […]
Con Pardo Bazán a dereita lograría introducir a súa ideoloxía en Meirás á vez que silencia de novo as vítimas […]
O movemento feminista e o movemento memorialístico galegos volveron amosar neste marzo a súa capacidade para repoñerse das adversidades, e debería encherse o ceo de foguetes para indicar que xa van alá un cento de veces. Perseguen fins tan indiscutíbeis en democracia como a consecución da igualdade real entre homes e mulleres e o recoñecemento das persoas que foron asasinadas, vexadas ou extorsionadas dalgún modo pola súa loita contra o franquismo e polo tanto, en prol desa democracia […]
Vacilar. Amosarse indecisa. Mentres o mundo anda a voltas co calendario de vacinacións, no meu almanaque vital é tempo de vacilacións. Dubido en que tema escoller para esta opinión. Estaría ben falar de youtubers que marchan a Andorra para non colaborar cos seus impostos no mantemento do Estado de benestar […]
Copyright © 2024