
Artigos de opinión
A cinsa nos pés de Ángel Barros
Un atópase con xente cada día e a calquera intre. A todas horas hai vida nas rúas. Persoas que van dun a deloutro lado. Ou quedan onde están. Quen sabe? Somos como os personaxes de Manhattan Transfer, a novela de John dos Passos (de estirpe portuguesa), perdidos e encontrados nun tráfico orientado máis polas desgrazas que polos éxitos. […]