Sobre a finalidade da arte, as Tanxugueiras, a España carpetovetónica e o país galego
Artigo editorial

Sobre a finalidade da arte, as Tanxugueiras, a España carpetovetónica e o país galego

A consideración de cal debe de ser a finalidade da arte non está pechada, nin é algo que se poida obxectivar pois ao longo da historia existiron distintas interpretacións e non houbo ningún acordo unánime entre filósofos e historiadores para definir uns parámetros obxectivos entre os que se poida encadrar a finalidade das distintas creacións artísticas […]

Feminismo
Artigo editorial

A mirada de Conchi

A medida que pasan os anos e os camiños da memoria comezan a ocupar máis espazo na alma cás ilusións polo futuro, tendo a lembrar as luces máis intensas e as sombras máis escuras dos distintos episodios da miña vida. Normalmente este tipo de situacións acontecen, igual que a calquera persoa, impulsadas polo mecanismo psicolóxico da asociación de ideas, que é un recurso da nosa imaxinación que leva á nosa mente ideas semellantes , ou que teñen algún tipo de relación, co que estamos a vivir nun momento concreto. E un episodio lamentable, que coñeciamos polos medios de comunicación nos primeiros días deste ano, trouxo á miña mente un feito vital persoal do que non estou especialmente orgulloso: a mirada de Conchi […]

Sobre a XVII asemblea do BNG e o independentismo
Artigo editorial

Sobre a XVII asemblea do BNG e o independentismo

O pasado domingo 7 os nacionalistas galegos celebraban, na cidade da Coruña, a súa XVII asemblea nacional. Varios milleiros de militantes da forza política que pronto cumprirá 4 décadas de vida , a organización falaba de 3.000 persoas, xuntáronse no Coliseum da cidade herculina para debater os parámetros de actuación política para os vindeiros anos e escoller unha nova dirección, que finalmente resultou da elección case unánime da única lista que se presentou novamente encabezada pola brillante Ana Pontón […]

Valentín González Formoso
Artigo editorial

Sobre as primarias do PSdeG

O pasado 30 de outubro o marca galega do PSOE celebraba as súas primarias para decidiren cal sería o seu próximo SX nos vindeiros catro anos […]

Moraima
Artigo editorial

Carta para Moraima

Vasme permitir que comece polo principio, que en calquera conversa entre dúas persoas educadas que non se coñecen debe de ser a presentación; Eu chámome Tino, son de Vigo e non te coñezo de nada, nin a ti nin á túa nai Alexandra, nin ao teu pai Jorge […]

Artigo editorial Tino Lago A Nova Peneira
Artigo editorial

Feminismo Si

Un dos máis destacados xogadores do Celta actual está acusado dun presunto delito de agresión sexual por un episodio do ano 2017, e terá que enfrontarse a xuízo oral no mes de marzo do ano próximo na Audiencia de Almería, a provincia onde ocorreron os feitos que van ser xulgados […]

Pensador Rodin
Artigo editorial

O neoplatonismo e a estupidez

Non, manter posicións intelectuais próximas ao platonismo non ten nada que ver coa estupidez, desde logo que non. Pero citar a Platón sen telo lido nunca e sen comprender o que estás citando, só porque pretendes aparentar un rigor e unha solvencia argumental, que non tes, si é unha actitude manifestamente censurable, cando non simplemente estúpida […]

Xogos Olímpicos
Artigo editorial

Para que serven as medallas olímpicas?

No momento de escribir este artigo estanse a disputar os xogos olímpicos de Tokio nos que Xapón, o país organizador, investiu a inmensa cantidade de 30.000 millóns de dólares. Esta competición deportiva celebrada cada catro anos debera terse producido o ano pasado pero as circunstancias sanitarias, que afectan a toda a humanidade, obrigaron a que sexan no presente 2.021, malia que se disputan en condicións excepcionais pois as competicións ou ben non teñen público ou ben un aforo moi reducido […]

Camarada Nocho
Artigo editorial

Os camaradas, os compañeiros e compañeiras

Nas persoas da miña xeración, que vivimos a nosa adolescencia nos primeiros anos da década dos 80 do pasado século, había un nivel moi elevado de politización e non era estraño que un estivese, sen pretendelo, metido no medio de debates de elevada complexidade teórica política con matices que agora serían impensables […]