
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) denuncia a fragmentación artificial dos parques eólicos da Serra da Groba, un procedemento que abrevia e evita a intervención do Goberno estatal na autorización dos parques
Na Serra da Groba a Xunta de Galicia ten previsto a instalación de 6 parques eólicos que espallarán 44 aeroxeradores por toda Serra. Na actualidade están en fase de tramitación o parque eólico do Rosal e o Parque eólico Torroña I, e as estes sumaranse os parques eólicos Toroña, Torroña III, Merendón e Albariño I. As infraestruturas eólicas afectarán ós concellos de Baiona, Oia, Tomiño, e O Rosal […]